Saltar navegación

5. Conclusións e compromisos coa ecosfera

Rematamos!

Xa rematamos o reto!

Non o crerás, pero xa conseguiches:

  • Coñecer os compoñentes dos ecosistemas.
  • Saber diferenciar entre os factores abióticos e os bióticos dun ecosistema.
  • Ser consciente da situación en que se atopa o noso planeta debido ás actividades humanas directas e indirectas.
  • Comprender a necesidade de coñecer para poder comprometerse e actuar.
  • Realizar unha investigación científica e a súa divulgación.
  • Formalizar un documento de compromisos medioambientais.

E aínda que os compromisos medioambientais están no ECOlibro na biblioteca, non estaría de máis telos campando na aula; así que, por que non os escribides nunha cartolina e os pegades na clase?. Así non hai excusa para non cumplilos!

Ademais, a modo de resumo, aquí tes un mapa conceptual de todo o tema, para guiarte un pouco máis nesta viaxe polos sistemas da vida, e as rúbricas da actividade, así poderás saber como de ben o fixeches.

Que che preste.

Mapa conceptual

Rúbrica para avaliar a quen optaron polos relatorios individuais

Rúbrica de exemplo (4x4)
 EXCELENTESATISFACTORIOMELLORABLEINSUFICIENTE
Claridade na exposición oralExpón con seguridade, domina o vocabulario e a estrutura é clara. (4)Expón con seguridade, pero presenta pequenas dificultades. (3)Expón con apoio e o vocabulario resulta moi limitado. (2)Amosa inseguridade, falta de orde ou a presentación está incompleta. (1)
Calidade das anotacións Anotacións completas e organizadas. (4)Anotacións suficientes e ben comprensibles. (3)Anotacións superficiais e desordenadas. (2)Anotacións irrelevantes. (1)
Contidos visuaisA presentación inclúe recursos visuais, orais e escritos adaptados. ( 4).Emprega polo menos tres recursos visuais. (3)Emprega alomenos un apoio visual adaptado. (2)Non usa apoio visual. (1)
Reflexión e compromisoAchega reflexións profundas e propostas concretas. (4)Reflexiona coherentemente e comprométese. (3)Reflexiona superficialmente e hai pouco compromiso. (2)Non reflexiona, non hai compromiso. (1)
ECOlibroParticipa con iniciativa e respecto. (4)Participa de xeito activo. (3)Participa parcialmente. (2)Non participa. (1)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica de exemplo (4x4) (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Rúbrica para avaliar a quen presentaron maquetas

Rúbrica de exemplo (4x4)
 EXCELENTESATISFACTORIOMELLORABLEINSUFICIENTE
Claridade exposición Explicación clara, con estrutura e vocabulario axeitado. Dominio dos contidos. (4)Explicación con pequenas dificultades. Non sabe responder a todas as dúbidas. (3)Explicación con vocabulario escaso ou explicación parcial. Non responde ben ás dúbidas. (2)Explicación con moitas dificultades, incompleta e/ou sen orde. Non responde ás dúbidas. (1)
Calidade maquetaMaqueta creativa, ben realizada. Emprega materiais ecolóxicos. (4)Maqueta funcional. Cumple os requisitos mínimos. (3)Maqueta con erros. Materiais pouco sostibles. (2)Maqueta non funcional. Non se corresponde con ningún ecosistema. (1)
Dominio dos contidosResponde ás dúbidas. Interactúa co público. (4)Responde preguntas. Non hai interacción. (3)Resposta con dificultade ás preguntas. (2)Non responde ás preguntas ou as evita. (1)
Reflexión e compromisoAchega reflexións profundas e propostas concretas. (4)Reflexiona coherentemente e comprométese. (3)Reflexiona superficialmente, e hai pouco compromiso. (2)Non reflexiona, non hai compromiso. (1)
ECOlibroParticipa con iniciativa e respecto. (4)Participa de xeito activo. (3)Participa parcialmente. (2)Non participa. (1)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica de exemplo (4x4) (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Rúbrica para avaliar a quen organiza o congreso

Rúbrica de exemplo (4x4)
 EXCELENTESATISFACTORIOMELLORABLEINCUFICIENTE.
Implicación Participa activamente, achega ideas e coopera co resto do grupo. (6)Participa con interese, coopera co resto do grupo. (4)Participa só se lle pide, pouca cooperación co resto do grupo. (3)Non participa e/ou non coopera co resto do grupo. (1)
Desempeño de tarefasDesempeña o seu labor con responsabilidade e puntualidade. (6)Realiza as súas tarefas con pouco interese e/ou é impuntual. (4)Non realiza as súas tarefas, é impuntual. (3)Non realiza as tarefas e non aparece nos lugares establecidos. (1)
Reflexión e compromisoAchega reflexións profundas e propostas concretas. (4)Reflexiona coherentemente e comprométese. (3)Reflexiona superficialmente e hai pouco compromiso. (2)Non reflexiona, non hai compromiso. (1)
ECOlibroParticipa con iniciativa e respecto. (4)Participa de xeito activo. (3)Participa parcialmente. (2)Non participa. (1)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica de exemplo (4x4) (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Agora imos ao diario de aprendizaxe

Diario de aprendizaxeReflexiona no teu diario de aprendizaxe que aprendiches con este reto.

  • Coñecías a maioría dos ecosistemas e os seus compoñentes?
  • E que descubriches sobre os impactos? Coñecíalos todos?
  • Agora que coñeces o dano que estamos facendo, crees que poderás asumir todos os compromisos que figuran no ECOlibro? Por que?

Lectura facilitada

Reflexiona no teu diario de aprendizaxe que aprendiches con este reto.

Coñecías a maioría dos ecosistemas e os seus compoñentes?

E que descubriches sobre os impactos?

Coñecíalos todos?

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)