Saltar navegación

2. Activa o que sabes

 

Glosario


Ciclo da materia

Ciclo do carbono

Definición:

A materia nos ecosistemas realiza un circuíto pechado: non se degrada. Fai un percorrido cíclico a través dos seres vivos e o medio ambiente.

Exemplo:

O carbono fai un percorrido cíclico entre a atmosfera e os seres vivos.

Fluxo de enerxía

Enerxía solar

Definición:

O fluxo de enerxía nos ecosistemas é unidireccional: entra en forma luminosa e sae en forma térmica (calor).

Exemplo:

A orixe do fluxo de enerxía nun ecosistema está no sol.

Relacións tróficas

Cadea trófica

Definición:

Son as relacionadas coa alimentación.

Exemplo:

Nunha cadea trófica imos distinguir os produtores de alimento e os consumidores.

O sistema Terra e os seus subsistemas

Os seres vivos constitúen a parte viva do noso planeta pero non habería vida na Terra sen os seus compoñentes non vivos nin, sobre todo, as relacións e interaccións que teñen lugar entre o que está vivo (os organismos) e o que non o está (a materia inerte).

O noso planeta compórtase como un todo formado por un conxunto de partes que interactúan entre si; os catro subsistemas terrestres:

  • Atmosfera.
  • Hidrosfera.
  • Xeosfera.
  • Biosfera.

A ciencia fala da Terra como un sistema formado por catro grandes partes que están relacionadas entre si, e unha das consecuencias da interacción entre todos os subsistemas terrestres é a vida, a presencia dos seres vivos da biosfera.

O ser humano forma parte da biosfera como un ser vivo máis; é dicir, é un compoñente máis da biodiversidade terrestre.

A diferencia co resto dos organismos que forman a parte viva do planeta (a biosfera) é que o ser humano, coas súas actividades directas e indirectas, altera as condicións do planeta dunha forma cada vez mais acelerada e desequilibrante para o sistema Terra e todos os seus compoñentes.

Algúns científicos consideran que, cada vez mais, a especie humana forma parte dun subsistema diferenciado chamado antroposfera que ten unha gran capacidade de alterar e desequilibrar o resto dos subsistemas terrestres.

Erosión do solo

É moi importante entender como funciona o noso planeta para saber o que debemos facer para conservalo e chegar así a ter unha convivencia sostible que permita camiñar cara ao chamado desenvolvemento sostible.

Os seres vivos e a materia inerte (non viva) interactuamos e convivimos no noso planeta formando parte dos ecosistemas.

A Terra é tamén un gran ecosistema no que conviven e interactúan todos os seres vivos (a biosfera) e o resto dos seus compoñentes (a atmosfera, a hidrosfera e a xeosfera).

A Terra é o ecosistema global chamado Ecosfera.

Lectura facilitada

Non habería vida na Terra sen os seus compoñentes non vivos.

E as interaccións que teñen lugar entre o que está vivo (os organismos) e o que non o está (a materia inerte).

O noso planeta é un conxunto de partes que interactúan entre si.

Os catro subsistemas terrestres:

  • Atmosfera.
  • Hidrosfera.
  • Xeosfera.
  • Biosfera.

O ser humano forma parte da biosfera como un ser vivo mais.

Pero o ser humano coas súas actividades altera as condicións do planeta.

Produce un desequilibrio no sistema Terra e todos os seus compoñentes.

A especie humana forma parte dun subsistema diferenciado chamado antroposfera.

Ten unha gran capacidade de alterar e desequilibrar o resto dos subsistemas terrestres.

É moi importante entender como funciona o noso planeta.

Saber o que debemos facer para conservalo.

Camiñar cara ao chamado desenvolvemento sostible.

Os seres vivos e a materia inerte (non viva) interactuamos e convivimos no noso planeta formando parte dos ecosistemas.

A Terra é un gran ecosistema no que conviven e interactúan todos os seres vivos (a biosfera) e o resto dos seus compoñentes (a atmosfera, a hidrosfera e a xeosfera).

A Terra é o ecosistema global chamado Ecosfera.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)