Glosario
Desertización
-
Definición:
-
Degradación dos solos en zonas nas que a vexetación diminúe ou desaparece e tamén o fai a produtividade dos seus ecosistemas.
-
Exemplo:
-
Os solos de zonas áridas e semiáridas sufriron procesos de desertización.
Efecto invernadoiro
-
Definición:
-
Proceso natural e beneficioso que permite que a temperatura do planeta se manteña nuns valores aptos para a vida na Terra.
-
Exemplo:
-
Hai actividades humanas que producen gases que incrementan o efecto invernadoiro e, polo tanto, a temperatura da superficie do planeta.
Sobreexplotación
-
Definición:
-
Extracción e consumo dalgún tipo de recurso natural por riba do seu límite de recuperación ou renovación.
-
Exemplo:
-
A sobrepesca que leva ao esgotamento dos recursos pesqueiros dunha zona é un tipo de sobreexplotación dos recursos naturais da biosfera.
.png)
1º Creación de grupos de investigación
2º Elaboración de documentación e organización do desenvolvemento
3º Celebración do ECOcongreso
4º ECOconclusións, ECOmanifesto e ECOlibro