Saltar navegación

4.3. ECOcongreso

Xa temos todo preparado!

Fixemos un grande traballo. É o momento de comezar co noso ECOcongreso!

Chegou o gran día!

Relatorios ECOcongreso Maquetas ECOcongreso 1 Maquetas ECOcongreso2 Maquetas ECOcongreso3 ECOcongreso Intendencia ECOcongreso2

Relatorios

  • Terás que expor a túa investigación no espazo asignado polo alumnado dos pequenos grupos.
  • Haberá un relatorio cada 15 minutos, pero terá que deixarse unha franxa de tempo sen ningunha, para poder presenciar as exposicións dos modelos/maquetas.
  • O alumnado asistente terá que tomar apuntamentos, coa finalidade de poder extraer as conclusións finais.

Maquetas ou modelos

  • No espazo asignado, e durante o tempo asignado para iso, estaredes as parellas que fixestes as maquetas ou modelos, xunto coas vosas producións.
  • Teredes que explicar en que consiste a vosa maqueta ou modelo, así como responder a todas as preguntas.
  • O alumnado asistente terá que facer anotacións.

Organizadoras/es

  • Ao longo das dúas xornadas tedes que estar moi pendentes de todo o que sucede cos relatorios e coas maquetas ou modelos.
  • Un punto moi importante é o tempo: os relatorios e as exposicións non deberán sobrepasar os minutos preasignados. Para iso deberedes avisalas/los no momento en que se lles acabe, e así poder escoitar a todo o alumnado participante.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)