Con todos os apuntamentos que realizaches ao longo dos dous días, elabora unhas conclusións e uns compromisos que esteas disposta ou disposto a asumir, en relación á conservación e protección medioambiental e, nomeadamente, dos ecosistemas da túa contorna.
Escríbeos nunha cartulina A4 ou en papel reciclado A4, manualmente, que queden curiosos; porque a finalidade e elaborar un ECOlibro, con todas as páxinas feitas polo alumnado. Este ECOlibro será entregado nun acto "oficial" na biblioteca do teu centro.
Entrégalle a persoa profesora a túa produción, así, con todos os vosos produtos, elaborará o ECOmanifesto e o ECOlibro.
ECOmanifesto e ECOlibro
No momento en que a persoa profesora teña elaborado o ECOmanifesto, e o ECOlibro, iredes á biblioteca (tamén pode asistir alumnado e profesorado que non participou).
Alí a persoa designada lerá o ECOmanifesto, documento que recollerá todos os compromisos dispostos a asumir; e será entregado, á persoa responsable da biblioteca, o ECOlibro, onde se recollerán as conclusións/compromisos adquiridos. Este libro quedará formando parte dos recursos permanentes da biblioteca e levará por título “Conclusións e compromisos medioambientais do 1º ECOcongreso do IES XXX”, coa idea de que teña continuidade nos seguintes cursos.
Que aprendín no ECOcongreso?
O ECOcongreso foi unha experiencia de aprendizaxes múltiples e paga a pena pararse a pensar, e deixar constancia deles no diario de aprendizaxe:
Cal foi o relatorio ou a exposición que máis te sorprendeu? Por que?
Cal foi a tarefa na que traballaches mellor? Por que?
Consideras que traballando en grupo aprendes mellor que se o fas ti só/soa? Explica os teus motivos.
E finalmente, cres que os compromisos serán realidade? Por que?
Lectura facilitada
O ECOcongreso foi unha experiencia de aprendizaxes múltiples.
Para a pensar e deixar constancia deles no diario de aprendizaxe.
Cal foi o relatorio que máis te sorprendeu? Por que?
Cal foi a tarefa na que traballaches mellor? Por que?
Consideras que traballando en grupo aprendes mellor que se o fas ti só/soa?