Miniexperiencia: influencia da chuvia ácida nas follas das plantas
- Duración:
- Varias sesións
- Agrupamento:
- Pequenos grupos
![]() |
|
![]() |
Aínda que a chuvia xa é de xeito natural, un pouco ácida -o dióxido de carbono (CO2) atmosférico orixina ácido carbónico (H2CO3) nas gotas de chuvia-; as emisións de moitas industrias e motores, conteñen dióxido de xofre (SO2) e óxidos de nitróxeno (NOx) que na atmosfera se transformarán en ácido sulfúrico (H2SO4) e ácido nítrico (HNO3).
Debido a esta contaminación atmosférica, a auga da chuvia é moito máis ácida do que debería ser, provocando que as plantas, os solos, as augas, os edificios e os monumentos resulten afectados por esta auga acidificada.
Neste sinxelo experimento vas poder comprobar como as follas das plantas responden negativamente á presenza de ácido. Seguro que che sorprende!
Materiais
- 2 follas de árbores ou plantas.
- 2 vasos de precipitados.
- Ácido acético (vinagre).
- Auga de chuvia ou mineral (que non teña cloro).
- Tiras indicadoras de pH.
Procedemento
Conseguide dúas follas de tamaño semellante.
- Enchede un vaso de precipitados coa auga subministrada, nunha cantidade tal que cubra unha das follas . Somerxede unha folla nesa auga.
- Enchede o outro vaso de precipitados co ácido acético, coa mesma cantidade que auga ten o anterior. Somerxede a outra folla neste ácido.
- Somerxe unha tira indicadora de pH en cada vaso de precipitados e anota os resultados no caderno.

- Colocade as tiras diante de cada vaso, para que non se confundan, ou ben etiquetade cada vaso para diferencialos.
- Ás 24 h sacamos as follas dos líquidos e anotamos as diferenzas observadas na cor e no aspecto, entre as dúas follas.
- Ás 48 h repetimos a observación, e anotamos tamén as diferenzas, que xa serán moito máis evidentes.
Análise de datos
- Comprobaremos se todos os grupos de clase observaron as mesmas diferenzas que nós, e anotamos tamén no caderno, os resultados de todo o grupo clase.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Conclusións
- Con todos os resultados recompilados, xa estaremos en condicións de extraer conclusións do efecto do ácido nas plantas.
Agora afondemos nas consecuencias que pode ter este fenómeno:
Responderán todas as especies vexetais do mesmo xeito?
Cales serán máis sensibles, as máis novas ou as máis vellas?
Que partes das plantas estarán máis afectadas?. Que consecuencias terá isto na planta?
Pensas que as plantas poden chegar a morrer?
Que pasaría se na túa contorna todos os vexetais perderan as follas?
Que podes facer ti para diminuír o nivel de chuvia ácida?

.jpg)




