Saltar navegación

3. Coñece os ecosistemas

 

Glosario

Antroposfera

Contaminación

Definición:

É o sistema terrestre creado ou modificado pola acción dos humanos.

Exemplo:

Unha zona contaminada pertence á Antroposfera.

Subsistemas terrestres

Atmosfera

Definición:

Son catro e están relacionados entre si. Xeosfera, Atmosfera, Hidrosfera e Biosfera.

Exemplo:

A Atmosfera é un dos subsistemas terrestres.

Todos os ecosistemas viven na Ecosfera

A Ecosfera é o ecosistema global e está formada por todos os ecosistemas (terrestres, acuáticos e mixtos).

Os ecosistemas que forman a Ecosfera son naturais; están formados por biocenose, biótopo e as súas relacións.

Pero tamén hai ecosistemas que podemos considerar como “artificiais” aínda que a mellor denominación sería a de ecosistemas antrópicos.

Son antrópicos porque é a humanidade coas súas actividades a que os modifica e, en moitos casos, os altera para obter beneficios económicos.

Por exemplo, cando nunha zona costeira (como por exemplo na ría de Vigo) observamos bateas, estamos ante ecosistemas creados polo ser humano para cultivar mexillóns e obter un beneficio económico do seu comercio e consumo.

E todos os ecosistemas, naturais ou antrópicos, conviven e forman parte do ecosistema global: a Ecosfera.

E, se introducimos os ecosistemas antrópicos na Ecosfera, debemos tamén incorporar un subsistema terrestre formado polos seres vivos responsables da súa creación: os seres humanos. E este subsistema chámase Antroposfera, e súmase aos outros catro subsistemas terrestres e convive con eles.

Subsistemas con antroposfera

Pero tamén debemos considerar ecosistemas antrópicos aqueles que son conservados e protexidos polos seres humanos; mesmo nalgúns casos son recuperados e devoltos ao seu equilibrio.

E isto é posible grazas ás actividades de conservación e protección levadas a cabo por nós, pola Antroposfera.

En definitiva, todos os ecosistemas (naturais e antrópicos) viven, conviven e relacionanse no mesmo ecosistema global: a Ecosfera.

Ilustración ecosistema

Lectura facilitada

A Ecosfera está formada por todos os ecosistemas (terrestres, acuáticos e mixtos).

Os ecosistemas que forman a Ecosfera son naturais.

Están formados por biocenose, biótopo e as súas relacións.

Hai ecosistemas que podemos considerar como "artificiais".

Se denominan ecosistemas antrópicos.

A humanidade coas súas actividades os modifica.

E os altera para obter beneficios económicos.

Introducimos os ecosistemas antrópicos na Ecosfera.

Debemos incorporar un subsistema terrestre formado polos seres vivos responsables da súa creación: os seres humanos.

E este subsistema chámase Antroposfera.

Súmase aos outros catro subsistemas terrestres e convive con eles.

Apoio visual

Subsistemas terrestres

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)