Saltar navegación

1. Vivimos rodeados de interaccións

 

Glosario

Desenvolvemento sostible

Logo dos obxectivos de desenvolvemento sostible

Definición:

Desenvolvemento da sociedade sen comprometer o futuro da mesma.

Exemplo:

A queima de combustibles fósiles vai na contra do desenvolvemento sostible.

Ecoloxía

Ecoloxía

Definición:

É a ciencia que estuda as relacións entre os seres vivos e o seu ambiente.

Exemplo:

A relación entre distintas especies como a depredación é obxecto de estudo pola ecoloxía.

Ecosfera

Ecosfera

Definición:

É o ecosistema global do planeta Terra.

Exemplo:

Todos os seres vivos están incluídos na ecosfera.

Ecosistema

Acuario marino

Definición:

Conxunto de seres vivos xunto co lugar onde se atopan e as relacións que se establecen entre eles e co medio.

Exemplo:

O meu acuario é un ecosistema de auga salgada.

A vida é interacción

Un famoso biólogo estadounidense chamado Barry Commoner enunciou unha serie de leis que el denominou “Leis da Ecoloxía”.

A primeira das súas leis dicía o seguinte:

“Todo está relacionado con todo o demais. Hai unha única ecosfera para todos os organismos vivos e o que afecta a un, afecta a todos”

EcosferaA palabra mais importante da súa lei é o termo relacionado.

No medio natural, relacionar e interactuar poden considerarse termos sinónimos.

Todos os compoñentes da Terra interactúan entre si, relaciónanse de moi diversas formas.

Son precisamente as interaccións as que caracterizan ao noso planeta e a nós, os seres vivos, como constituíntes dun dos seus subsistemas: a biosfera.

Se agora volves ler a frase que Barry Commoner utiliza na súa primeira lei poderás entendela mellor.

E hai outra palabra moi importante na súa lei: o termo única.

Volve ler outra vez a frase e verás que, na súa segunda parte, di que hai unha única ecosfera para todos os organismos.

E iso é precisamente o obxectivo e o reto que vas acadar con este percorrido polos sistemas de vida: camiñar polo estudo dos ecosistemas cara á súa comprensión para, mediante un reto final, acadar unha serie de compromisos e hábitos saudables para os seres vivos, o planeta no que habitamos e as interaccións que dan lugar a unha situación de equilibrio sostible que é a que mantén a vida na Terra (á que chamamos tamén Ecosfera).

Bota unha ollada ao vídeo que tes a continuación antes de seguir o teu camiño por este proxecto.

No vídeo, o narrador utiliza o termo Ecoloxía integral para referirse á ciencia que estuda os ecosistemas que forman a Terra (é o que estuda a Ecoloxía) dun xeito integral.

A túa primeira tarefa será entender a razón pola que se usa a palabra integral cando se fala de coidar a Ecosfera; é dicir, o planeta que é a casa de todos.

Empezamos!

Como nos imos comprometer co planeta para coidalo e conservalo?

O primeiro que imos facer é coñecelo e entender como os seus compoñentes, de xeito coordinado, interactúan para manter o seu equilibrio dinámico.

Lectura facilitada

Un famoso biólogo estadounidense chamado Barry Commoner enunciou as "Leis da Ecoloxía".

A primeira das súas leis dicía o seguinte:

Todo está relacionado con todo o demais.

Hai unha única ecosfera para todos os organismos vivos.

O que afecta a un faino a todos.

Todos os compoñentes da Terra interactúan entre si.

Como nos imos comprometer co planeta para coidalo e conservalo?

O primeiro que imos facer é coñecelo.

Que vas aprender?

Ao longo deste recurso aprenderás a:

  • Coñecer os compoñentes dun ecosistema.
  • Explicar as características xerais dos principais ecosistemas terrestres e acuáticos.
  • Recoñecer os impactos ambientais sobre a atmosfera, hidrosfera, xeosfera e biosfera.
  • Identificar nun ecosistema os factores desencadeantes de desequilibrios.
  • Relacionar a preservación da biodiversidade, a conservación do medio ambiente, a protección dos seres vivos da contorna, o desenvolvemento sostible e a calidade de vida.
  • Propoñer e adoptar hábitos sostibles.

Lectura facilitada

Ao longo deste recurso aprenderás a:

  • Coñecer os compoñentes dun ecosistema.
  • Características xerais dos principais ecosistemas terrestres e acuáticos.
  • Recoñecer os impactos ambientais.
  • Factores desencadeantes de desequilibrios.
  • Relacionar a conservación do medio ambiente e a calidade de vida.
  • Propoñer e adoptar hábitos sostibles.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)