É necesario divulgar ciencia!
Como persoa colaboradora dos ODS 2030 ímonos centrar agora na consecución do obxectivo número 13 que fala sobre a necesidade de adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos.
Ao longo deste proxecto aprenderás as características dos ecosistemas (os seus compoñentes, as interaccións entre eles) e as diferencias entre terrestres e acuáticos.
Coñecer os ecosistemas e as condicións do seu equilibrio será o punto de partida para a consecución da túa misión.
O teu reto será organizar e levar a cabo un congreso científico, un Ecocongreso!
Prepararás documentos e presentacións que te axudarán a organizar a túa intervención e, unha vez finalizado o congreso, elaborarás unhas conclusións en forma de medidas e hábitos saudables para a Ecosfera e para ti e todos os seres vivos que a habitan.

Seremos quen de conseguir organizar un ECOcongreso e comprometermonos a incorporar nas nosas vidas as medidas e hábitos necesarios para vivir dunha forma sostible e acadar así as metas do obxectivo 13 dos ODS?
Lectura facilitada
Ímonos centrar na consecución do obxectivo número 13 dos ODS.
Fala de combater o cambio climático e os seus efectos.
Aprenderás as características dos ecosistemas.
Coñecer os ecosistemas e o seu equilibrio será o punto de partida.
O teu reto será organizar e levar a cabo un congreso científico.
Un Ecocongreso!
Prepararás documentos e presentacións.
O final elaborades unhas conclusións.
1º Creación de grupos de investigación
2º Elaboración de documentación e organización do desenvolvemento
3º Celebración do ECOcongreso
4º ECOconclusións, ECOmanifesto e ECOlibro
Unha vez teñas este reto resolto, serás capaz de: