Saltar navegación

2.1.1. Distintas miradas

Reflexionade un anaquiño

Hora de traballar

Ou como comprender os compoñentes dos ecosistemas

Duración:
40 min
Dinámica:
en parellas ou pequenos grupos

Imos realizar unha actividade na que a través da visualización dun ecosistema calquera fagamos traballar a nosa memoria e sexamos quen de enumerar os seus compoñentes.

Mirando

  • Adica dous minutos a contemplar todo o que se aprecia dende a xanela da túa clase, ou na pantalla da aula.

Bosquexando

  • Coa axuda da túa parella, fai un bosquexo de: 
    1. Os seres vivos que podes ver e/ou intuír que están aí, preferiblemente empregando cores verdes e azuis.
    2. A parte non viva que estás contemplando, e, de ser posible, empregando cores marróns e negras.

Atende á  persoa profesora, porque terás que facer só unha das dúas posibilidades en 10 minutos!

Biótopo e biocenose

  • Expoñede os bosquexos.
  • Que diferenzas hai entre os dous grupos?. En voz alta, explicádeas, cando sexa a vosa quenda.
  • Xa sabedes os nomes?

As relacións

  • Tenta contestar a estas preguntas, xunto coa túa parella:
    • Por que estás sentado e atendendo na aula?
    • Que pasaría se estiveras de pé e bailando?
    • Se estiveras na casa, ou na rúa, pasaría o mesmo?
    • Decátaste de que as relacións modifican o nosos comportamento, as nosas accións? E que esas relacións modifican o aspecto do sitio onde estás?

Pois o mesmo sucede no medio ambiente: as relacións son unha compoñente fundamental nos ecosistemas.

Concluíndo e consolidando

  • Agora xa non terás problema en realizar un bosquexo, debuxo ou esquema -no teu caderno-, onde figuren os tres compoñentes dos ecosistemas. Non esquezas poñerlle os seus nomes.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)