Escolle a modalidade de participación: hai tres posibilidades!
![]() |
![]() |
![]() |
Relatorios individuais
Serás un/ha grande experta/o en algún impacto ambiental, e como tal, terás que explicar o problema. Elaborarás unha presentación duns 15 minutos de máximo, na que exporás ao resto do grupo toda a problemática que supón o impacto escollido.
Exposicións, en parellas
Cada parella elaborará un modelo ou maqueta (empregando materiais o máis sostibles posibles) dun ecosistema en concreto. Esta maqueta estará exposta nun lugar do ECOcongreso, onde estaredes as persoas autoras, para explicarlle ao "público" que se achegue a vela en que consiste, e contestará a todas as posibles preguntas formuladas.
Organización e intendencia, en pequenos grupos
Estes pequenos grupos deberán encargarse de:
- Elaborar o programa do ECOcongreso.
- Elaborar un “logo” (que será tamén o logo de posibles ECOcongresos dos cursos seguintes, de celebrarse).
- Organizar os espazos e os tempos de todas as actividades.
- Elaborar pequenos “panfletos” con publicidade sobre o ECOcongreso, que deberán facer chegar a todos os membros da comunidade educativa.
- Elaborar a sinalización e “cartelería” do ECOcongreso.
- Presentar a cada un/ha da/os relatoras/es que farán presentacións sobre os impactos ambientais.
- Elaborar o “libro” que se entregará na biblioteca ao remate do ECOcongreso.
Para repartir todas estas tarefas, deberase elixir un/ha compañeira/o que será o/a director/a ou coordinador/a de todo este traballo e que será tamén o/a que reparta as tarefas e supervise a celebración de todas as xornadas. Tamén será que, en representación de todas/os os/as compañeiras/os, entregue o libro á persoa coordinadora da biblioteca.


