Natureza e medioambiente. Ecoloxía e ecoloxismo
- Duración
- 30/40 minutos
- Dinámica:
- individual, pequeno grupo e grupo clase
|
|
![]() |
![]() |
![]() |
Sabes diferenciar estas dúas parellas de termos?
É moi importante saber de que falamos cando os empregamos. Imos aló, pois!
Chuvia de ideas
- Anota no encerado unha ou dúas respostas, empregando as mínimas palabras posibles, á seguinte pregunta:
Cales son as diferenzas, se pensas que as hai, entre natureza e medio ambiente?
- Agora, fai o mesmo, pero respondendo a:
Cales son as diferenzas, se pensas que as hai, entre ecoloxía e ecoloxismo?
Unha imaxe vale máis que mil palabras...
- Fíxate ben nas imaxes que van aparecer na pantalla, e tenta asociar cada unha cos catro termos que queremos diferenciar. Encaixan cos que dixo a persoa profesora?
Creación de definicións
- En grupos de tres ou catro persoas, tentade crear unha definición para cada termo, baseándovos na palabra clave que vos vai facilitar a persoa profesora, e asociando as imaxes con cada termo.
- Só tendes 10 minutos para facelo!
Posta en común
- Agora cando se vos indique, lede en alto as vosas definicións, e, ensinade as imaxes asociadas.
- Hai moitas diferenzas, aínda?
Colle o caderno...
- Agora xa deberías ter claro os conceptos, así que redacta, no teu caderno, unha definición para cada termo



