Saltar navegación

3.1. Diversos e sostibles

 

Glosario

Humidais

Lagoa

Definición:

Zona de terra que está inundada permanentemente ou en ocasións.

Exemplo:

Unha lagoa é unha zona húmida.

Marisma

Flamengo

Definición:

Ecosistema húmido no que adoita mesturarse auga doce e mariña.

Exemplo:

O flamengo é unha ave representativa da marisma de Doñana.

Orografía

Montaña

Definición:

Ciencia que estuda o relevo nunha zona determinada.

Exemplo:

As montañas son un exemplo do que estuda a orografía.

Poboación

Xente

Definición:

Individuos da mesma especie nun ecosistema determinado.

Exemplo:

Os humanos somos unha das poboacións mais abundantes na Terra.

A biodiversidade

A biodiversidade que traballaches ata agora non se aplica unicamente aos seres vivos.

Tamén hai diversidade nos ecosistemas e, por suposto, nos seus compoñentes (biótopo, biocenose e relacións).

Agora vas comprobar que a diversidade de ecosistemas e a súa sostibilidade son condicións fundamentais para que a Ecosfera se manteña en equilibrio.

Non é posible recoller nunha clasificación toda a diversidade que forma a Ecosfera. Para completar esta clasificación que tes a continuación, podes saír á túa contorna mais próxima e observar o medio natural co que convives.

Así poderás completar a clasificación que tes a continuación, clasificar os ecosistemas da túa contorna nos principais tipos e tamén seres consciente da beleza do medio natural que forma a Ecosfera.

Prepárate para gozar da biodiversidade e da beleza dos ecosistemas!

Lectura facilitada

A biodiversidade non se aplica unicamente aos seres vivos.

Tamén hai diversidade nos ecosistemas.

E nos seus compoñentes (biótopo, biocenose e relacións).

Non é posible recoller nunha clasificación toda a diversidade que forma a Ecosfera.

Debes saír á túa contorna mais próxima e observar o medio natural co que convives.

Así poderás clasificar os ecosistemas da túa contorna nos principais tipos.

E tamén seres consciente da beleza do medio natural que forma a Ecosfera.

Prepárate para gozar da biodiversidade e da beleza dos ecosistemas!

Diversidade nos ecosistemas

Igual que ocorre nos seres vivos, nos ecosistemas hai unha gran diversidade.

O medio físico e as condicións ambientais dos ecosistemas son moi variadas. Este feito, xunto con toda a biodiversidade que forma as biocenoses, fai que tamén se considere aos ecosistemas como grandes fontes de diversidade no noso planeta.

Co obxectivo de facilitar o seu estudo, os científicos clasifican todos os ecosistemas que forman a ecosfera en tres grandes grupos en función dos seus factores abióticos:

  • Ecosistemas terrestres.
  • Ecosistemas acuáticos.
  • Ecosistemas mixtos.

Terrestres

Os principais factores abióticos que condicionan os diferentes tipos de ecosistemas terrestres son:

  • A temperatura.
  • A luz.
  • As precipitacións.
  • A orografía do terreo.

Algúns dos ecosistemas terrestres de maior distribución xeográfica son os seguintes:

- Selva ecuatorial.

- Bosque mediterráneo.

- Bosque caducifolio.

- Sabana.

- Deserto.

- Estepa.

Acuáticos

Os principais factores abióticos que condicionan os diferentes tipos de ecosistemas acuáticos son:

  • A salinidade.
  • A temperatura.
  • A profundidade.
  • A presenza de luz.

Ecosistema de auga continental

Ecosistemas acuáticos de auga doce (continental):      

A auga, neste tipo de ecosistemas, ten moi pouca salinidade e teñen, na maioría dos casos, moi pouca profundidade.

Son os ecosistemas das augas correntes (ríos e torrentes) e das augas estancadas (lagos, pantanos e zonas húmidas).

Ecosistema acuático de auga salgada

Ecosistemas acuáticos de auga salgada (mariños): 

A auga, neste tipo de ecosistemas, ten maior salinidade e, en xeral, maior profundidade.

Son os ecosistemas dos mares e océanos.

Mixtos

Os ecosistemas que forman a transición entre os terrestres e os acuáticos denomínanse ecosistemas mixtos (tamén se coñecen como ecosistemas híbridos).

Son como zonas intermedias nas que interactúan os compoñentes dos ecosistemas terrestres e acuáticos dando lugar a unha grande diversidade.

Exemplos: as zonas húmidas e os ecosistemas costeiros.

Marisma da Ramallosa (Nigrán, Pontevedra)
Praia das Catedrais (Mariña de Lugo)

Os da contorna

Galicia está situada, xeográfica e climatoloxicamente nunha zona moi diversa ambientalmente e cunha grande variedade de ecosistemas, pois ten un clima oceánico con valores de humidade diferentes nas zonas de costa, nas montañas centrais e no interior:

  • Ecosistemas terrestres: bosques de ribeira, carballeiras, matogueiras,...
  • Ecosistemas acuáticos: ríos, lagoas, costas, mar,…
  • Ecosistemas mixtos: brañas, esteiros, marismas,...
  • Ecosistemas antrópicos (creados pola actividade humana): viñedos, hortas, bateas,...

Lectura facilitada

Igual que ocorre nos seres vivos, nos ecosistemas hai unha gran diversidade.

O medio físico e as condicións ambientais dos ecosistemas son moi variadas. Este feito, xunto con toda a biodiversidade que forma as biocenoses, fai que tamén se considere aos ecosistemas como grandes fontes de diversidade no noso planeta.

Co obxectivo de facilitar o seu estudo, os científicos clasifican todos os ecosistemas que forman a ecosfera en tres grandes grupos en función dos seus factores abióticos:

Ecosistemas terrestres.
Ecosistemas acuáticos.
Ecosistemas mixtos.
Ecosistemas terrestres
Os principais factores abióticos que condicionan os diferentes tipos de ecosistemas terrestres son:

  • A temperatura.
  • A luz.
  • As precipitacións.
  • A orografía do terreo.

Algúns dos ecosistemas terrestres de maior distribución xeográfica son os seguintes:

- Selva ecuatorial.

- Bosque mediterráneo.

- Bosque caducifolio.

- Sabana.

- Deserto.

- Estepa.

Ecosistemas acuáticos
Os principais factores abióticos que condicionan os diferentes tipos de ecosistemas acuáticos son:

  • A salinidade.
  • A temperatura.
  • A profundidade.
  • A presencia de luz.

Ecosistemas acuáticos de auga doce (continental):
A auga, neste tipo de ecosistemas, ten moi pouca salinidade e temén, na maioría dos casos, moi pouca profundidade.

Son os ecosistemas das augas correntes (ríos e torrentes) e das augas estancadas (lagos pantanos e zonas húmidas).

 
Ecosistemas acuáticos de auga salgada (mariños): 

A auga, neste tipo de ecosistemas, ten maior salinidade e, en xeral, maior profundidade.

Son os ecosistemas dos mares e océanos.

Os ecosistemas mixtos: 
Os ecosistemas que forman a transición entre os terrestres e os acuáticos denomínanse ecosistemas mixtos (tamén se coñecen como ecosistemas híbridos).

Son como zonas intermedias nas que interactúan os compoñentes dos ecosistemas terrestres e acuáticos dando lugar a unha grande diversidade.

Exemplos: as zonas húmidas e os ecosistemas costeiros.

Os ecosistemas da contorna:

Galicia está situada, xeográfica e climatoloxicamente.

Nunha zona moi diversa ambientalmente.

Cunha grande variedade de ecosistemas. 

Ecosistemas terrestres: bosques de ribeira, carballeiras, matogueiras,...
Ecosistemas acuáticos: ríos, lagoas, costas, mar,...
Ecosistemas mixtos: brañas, esteiros, marismas,...
Ecosistemas antrópicos (creados pola actividade humana): viñedos, hortas, bateas,...

En que tipo de ecosistema vives?

Diario de aprendizaxe

Describe no teu diario de aprendizaxe como é o ecosistema onde vives.

  • De que tipo dirías que é?
  • Se puideses escoller outro diferente onde vivir, cal escollerías? Por que?

Lectura facilitada

Describe no teu diario de aprendizaxe.

Como é o ecosistema onde vives.

De que tipo dirías que é?

Escollerías outro diferente onde vivir? 

Por que?

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)