Conxunto de seres vivos que habitan nun ecosistema.
Exemplo:
No meu acuario a biocenose fórmana os peixes e as algas.
Biosfera
Definición:
Conxunto de seres vivos na Terra.
Exemplo:
Á Biosfera pertencen todos os seres vivos do planeta.
Biótopo
Definición:
Espazo físico onde atopamos os seres vivos.
Exemplo:
O biótopo dos peixes é a auga.
Factores abióticos
Definición:
Son os factores sen vida responsables das características dun ecosistema.
Exemplo:
Os factores abióticos mais importantes son a temperatura e as precipitacións.
Factores bióticos
Definición:
Son os propios seres vivos e as súas interrelacións que van condicionar as características do ecosistema.
Exemplo:
Os leóns relaciónanse entre eles formando grupos familiares.
Fotosíntese
Definición:
Proceso mediante o cal algúns seres vivos transforman a enerxía do sol en enerxía química en forma de glícidos.
Exemplo:
As plantas realizan a fotosíntese.
Liques
Definición:
Asociación entre un fungo e unha alga.
Exemplo
Os liques requiren humidade.
Materia non viva
Definición:
Tamén chamada inerte, é aquela que non realiza as tres funcións vitais: nutrición, relación e reprodución.
Exemplo:
O mineral de cuarzo pertence á materia non viva.
As relacións nos ecosistemas
A continuación vas comprobar a importancia das relacións e as interaccións no funcionamento dos ecosistemas.
Todos os compoñentes dos ecosistemas son importantes e imprescindibles para o seu equilibrio e conservación: os compoñentes vivos, os que non están vivos e tamén as relacións que se establecen entre todos eles.
Comprobarás tamén a gran diversidade de relacións e interaccións que teñen lugar nun ecosistema, tanto entre os seres vivos da mesma especie como entre seres vivos de diferentes especies.
E todos os seres vivos conviven e interactúan coa materia non viva, que tamén é un compoñente dos ecosistemas.
Imos organizar os compoñentes dos ecosistemas!
Lectura facilitada
Vas comprobar a importancia das relacións nos ecosistemas.
Todos son importantes para o seu equilibrio e conservación.
Os compoñentes vivos e os que non están vivos.
Tamén as relacións que se establecen entre todos eles.
Entre os seres vivos da mesma especie e de diferentes especies.
E todos os seres vivos interactuando coa materia non viva.
A materia non viva é un compoñente máis dos ecosistemas.
Imos organizar os compoñentes dos ecosistemas!
Audio
A ecosfera e os ecosistemas
Concepto de ecosistema
Un ecosistema está formado por un conxunto de seres vivos que habitan nun medio físico que ten unhas condicións ambientais características, e as relacións e interaccións que se establecen entre todos eles.
A ciencia que estuda os ecosistemas e as súas interaccións chámase Ecoloxía.
A ecosfera
A ecosfera é o ecosistema de maior tamaño e está formado por un conxunto de seres vivos (a biosfera) que habitan nun medio natural que ten unhas condicións ambientais características (atmosfera, hidrosfera e xeosfera), e as relacións e interaccións que se establecen entre todos eles.
A Terra, por tanto, é o ecosistema global chamado ecosfera.
Lectura facilitada
Concepto de ecosistema
Un ecosistema está formado por un conxunto de seres vivos.
O medio físico onde habitan.
E as relacións e interaccións que se establecen entre todos eles.
A ciencia que estuda os ecosistemas chámase Ecoloxía.
A ecosfera
A ecosfera é o ecosistema de maior tamaño.
Está formado por todos os seres vivos (a biosfera).
O lugar no que habitan: atmosfera, hidrosfera e xeosfera.
E as relacións e interaccións que se establecen entre todos eles.
A Terra é o ecosistema global chamado ecosfera.
Audio
Compoñentes dos ecosistemas
O biótopo
O biótopo é o medio físico do ecosistema, no que habitan os seres vivos que o forman.
Está formado por un conxunto de características físico-químicas e condicións ambientais que, en conxunto, reciben o nome de factores abióticos.
Exemplo: a luz, a temperatura, a humidade.
A biocenose
A biocenose (tamén chamada comunidade) está formada por todos os seres vivos dun ecosistema, que conviven e se relacionan dentro del.
Dentro da biocenose dun ecosistema conviven e se relacionan seres vivos de diferentes especies.
O conxunto de seres vivos da mesma especie chámase poboación.
A biocenose dun ecosistema está formada, polo tanto, polo conxunto de todas as poboacións que conviven e se relacionan entre si e co medio físico que habitan.
O conxunto de seres vivos dun ecosistema e as relacións que establecen entre eles reciben o nome de factores bióticos.
Exemplo: os piñeiros, os coellos ou as samesugas son diferentes poboacións que forman parte da biocenose do ecosistema no que habitan.
As relacións
O biótopo (factores abióticos) e a biocenose (factores bióticos) dun ecosistema están relacionándose e interactuando en todo momento.
As relacións entre os compoñentes dun ecosistema son outro compoñente mais do mesmo; un compoñente moi importante e que permite ao ecosistema manterse nun estado de equilibrio dinámico que é fundamental para o mantemento da vida nel.
As relacións non só se establecen entre os seres vivos senón tamén co medio físico no que habitan.
Exemplos: os liques alteran a composición e estrutura dos materiais rochosos nos que habitan, as plantas intercambian (mediante a fotosíntese) O₂ e CO₂ coa atmosfera e modifican a súa composición química.
Entre os seres vivos dun ecosistema establécense dous tipos de relacións: as intraespecíficas e as interespecíficas.
Relacións intraespecíficas
Son as relacións que teñen lugar nun ecosistema, entre os seres vivos da mesma especie.
Son relacións establecidas dentro das poboacións, entre os individuos que pertencen á mesma especie.
Existen moitos tipos de relacións intraespecíficas e todas son importantes e equilibradoras para os ecosistemas.
Son exemplos de relacións intraespecíficas as seguintes:
Son as relacións que teñen lugar nun ecosistema, entre os seres vivos de diferente especie.
Son relacións establecidas entre diferentes poboacións, entre os individuos do ecosistema que pertencen a distintas especies.
Existen moitos tipos de relacións interespecíficas e todas son importantes e equilibradoras para os ecosistemas; destacan sobre todo as que están relacionadas coa alimentación: as relacións tróficas.
Tamén son relacións interesespecíficas as seguintes: simbiose, parasitismo, depredación, comensalismo, mutualismo e competencia interespecífica.
As relacións tróficas establécense mediante cadeas e redes tróficas formadas entre individuos de diferentes especies que se clasifican en función do tipo de nutrición que teñen nos seguintes niveis tróficos:
Produtores: organismos autótrofos, producen materia grazas á fotosíntese.
Consumidores primarios: organismos herbívoros, que se alimentan a partir dos produtores.
Consumidores secundarios: organismos carnívoros, que se alimentan a partir dos anteriores niveis tróficos.
Descompoñedores: organismos capaces de reciclar a materia.
Estes organismos descompoñen os restos de todos os niveis tróficos e os transforman en materiais para os produtores.
Grazas a eles péchase o ciclo da materia nos ecosistemas.
As cadeas tróficas están interconectadas formando redes tróficas como a da figura.
Son tamén relacións interespecíficas as seguintes: simbiose, parasitismo, depredación, comensalismo, mutualismo, competencia interespecífica.
Lectura facilitada
O biótopo
O biótopo é o medio físico do ecosistema.
Nel habitan os seres vivos que o forman.
As condicións ambientais reciben o nome de factores abióticos.
Exemplo: a luz, a temperatura, a humidade.
A biocenose
A biocenose tamén se chama comunidade.
Está formada por todos os seres vivos dun ecosistema.
Conviven e relaciónanse seres vivos de diferentes especies.
O conxunto de seres vivos da mesma especie chámase poboación.
O conxunto de seres vivos dun ecosistema e as relacións que establecen entre eles reciben o nome de factores bióticos.
As relacións
O biótopo (factores abióticos) e a biocenose (factores bióticos) dun ecosistema están interactuando en todo momento.
As relacións establécense entre os seres vivos.
E tamén co medio físico no que habitan.
Entre os seres vivos dun ecosistema establécense dous tipos de relacións:
As intraespecíficas e as interespecíficas.
Relacións intraespecíficas
Son as relacións que teñen lugar entre os seres vivos da mesma especie.
Son exemplos de relacións intraespecíficas as seguintes: