Saltar navegación

1.1. Tres C: coñezo, coido e conservo

 

Glosario

Cambio climático

Cambio climático

Definición:

Cambios na temperatura e precipitacións a nivel global, é dicir no planeta Terra

Exemplo:

O incremento da temperatura global é un dos efectos evidentes do cambio climático.

Conservación

Andar en bicicleta

Definición:

Referímonos a tratar de preservar as condicións nas que habitamos.

Exemplo:

Empregar a bicicleta como transporte en vez do coche axuda a conservar o medio ambiente.

Impacto ambiental

Incendio

Definición:

Cambio no medio ambiente producido por fenómenos naturais ou humanos.

Exemplo:

Os incendios nos montes producen un grave impacto ambiental.

Conservar e coidar o que coñezo

Coñeces o teu planeta? Sabes se é necesario coidalo?

Se pensas que é necesario coidalo debes saber que, para facelo, é moi importante coñecelo ben antes.

E se pensas que non é necesario coidalo, invítoche a que observes con atención a seguinte imaxe:

Residuos_praia

E agora? Segues pensando que non é necesario coidalo?

O que ves é consecuencia das actividades humanas, que en moitas ocasións alteran e provocan graves impactos sobre o medio natural.

Pero os seres humanos podemos e debemos reverter este proceso de alteración e destrución do noso planeta.

Si. Podemos facer algo.

E iso é o que imos facer ao longo deste proxecto que estás empezando: imos coñecer para poder coidar e conservar.

Lectura facilitada

Coñeces o teu planeta?

Sabes se é necesario coidalo?

As actividades humanas en moitas ocasións provocan graves impactos sobre o medio natural.

Podemos e debemos reverter este proceso de alteración e destrución do noso planeta.

Iso é o que imos facer ao longo deste proxecto.

Imos coñecer para poder coidar e conservar.

Obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS)

Logo ODSOs Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS 2030) son un grupo de obxectivos relativos ao desenvolvemento internacional futuro. Foron creados polas Nacións Unidas e promovidos coma Obxectivos Globais para o Desenvolvemento Sostible. Os ODS abarcan de 2015 a 2030.

Obxectivo número 13 fala de adoptar medidas urxentes para frear o cambio climático e os seus efectos.

Imos participar neste obxectivo.

Lectura facilitada

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS 2030) están relacionados co desenvolvemento internacional futuro.

Foron creados polas Nacións Unidas.

Os ODS abarcan de 2015 a 2030.

O Obxectivo número 13 fala de adoptar medidas urxentes para frear o cambio climático e os seus efectos.

Imos participar neste obxectivo.

Tarefa en grupo

Faremos grupos de tres persoas e imos buscar información na rede sobre os ODS.

Trataremos de responder ao seguinte:

  • Cantos ODS existen? Cres que son necesarios hoxe en día? Por que?
  • Fai un breve resumo do ODS 13.
  • Cres que se está cumprindo? Por que?
  • Coñecedes algunha medida derivada deste ODS?

Que aprendemos dos ODS?

Diario de aprendizaxeCoa información obtida na actividade anterior recolle as túas reflexións, sobre as seguintes preguntas,  no apartado correcto da fase 1 do teu diario de aprendizaxe:

  • Por que son necesarios os ODS?
  • Que farías ti para mellorar o cumprimento do ODS?
  • Que se pode facer no teu centro para mellorar este cumprimento do ODS 13?

Anímaste a poñelo en práctica?

Lectura facilitada

Coa información obtida na actividade anterior recolle as túas reflexións.

Contesta as seguintes preguntas,  no apartado correcto da fase 1 do teu diario de aprendizaxe:

Por que son necesarios os ODS?

Que farías ti para mellorar o cumprimento do ODS?

Que se pode facer no teu centro para mellorar este cumprimento do ODS 13?

Anímaste a poñelo en práctica?

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)