Glosario
Poeta ou poetisa

Rosalía de Castro foi unha gran poetisa.

Rosalía de Castro foi unha gran poetisa.
Aínda que traballamos lembrando aspectos da poesía como son a métrica ou as figuras literarias, cómpre suliñar un par de cousiñas máis para que queden claras:
O número de versos e a forma na que se agrupan e riman estes vai dar unha musicalidade distinta a un poema, polo que é necesario atender a varias cuestións.
En canto a formas de agrupar e rimar os versos:
Fomos ficando sos (a)
O mar o barco e máis nós. (a)
María, M. (1928). De Catro a Catro. Editorial Nós.
Exemplo de cuarteta:
Fiandeiriña que fías (a)
nas noites do longo inverno (b)
as liñas máis delgadiñas (a)
que o fío do pensamento. (b)
Novoneyra, U. (2011). Os Eidos. Edicións Positivas.
Eu non sabía que había -
tanta alegría nas bágoas (a)
nin neve nas bidueiras -
nin esperanza nas mágoas. (a)
Rivas, M. (2009). A desaparición da neve. Alfaguara.
Como xa vimos comentando, para darlle maior emotividade aos textos utilízanse as denominadas figuras ou recursos literarios.
Na seguinte ligazón podes ver os principais recursos que se utilizan e que de seguro axudarán a acadar o reto final:
Recursos literarios en galego (abre nunha xanela nova)
Aínda que na ligazón aparecen catro recursos, nós ímonos centrar nestes tres:
Figura literaria que consiste en atribuír a obxectos ou seres non humanos cualidades propias das persoas.
Esta era unha banana
presumida e bela dama
que paseaba elegante
sempre rúas adiante
pola cidade da Habana.
Cortizas, A. (2008). Era unha vez unha quimbamba.
Tambre.
Figura que se utiliza para referirse a algo sen nomealo explicitamente, para o cal se recorre a un uso figurado da linguaxe.
O barco é un berce,
Un berce ben grande,
Nel poden durmir moitas persoas ao mesmo tempo
Persoas que soñan
Arroladas polo ruído do mar.
Carballeira, P. (2011). Contatrás II-I. Edicións Positivas.
Figura retórica que consiste en establecer unha relación de semellanza ou comparación entre dúas imaxes, ideas, sentimentos, cousas, entre outras.
"Un día morreu o home rico e Panchito trocou de amo para gañar o pan.
Co tempo fíxose mozo cumprido, sen máis chatas que a súa cor...
Aínda que era negro coma o pote, tiña graza dabondo para facerse querer por todos.
Endomingado, cun caravel enriba da orella e unha ponla de malva na chaqueta, parecía talmente un mozo das festas".
Rodríguez Castelao, A D. (1995)
Cousas. Galaxia.
(Se ben non é un poema é un bo exemplo de comparación)
Os versos dun poema dan diferente musicalidade.
Os versos de arte maior teñen oito ou máis sílabas.
Os versos de arte menor teñen menos de oito sílabas.
A rima é asonante cando as vogais coinciden despois da sílaba tónica.
A rima é consoante cando as vogais e consoantes coinciden despois da sílaba tónica.
Existen rimas de versos seguidos (AABB).
Existen rimas de versos pares (ABAB).
En Galicia é común a copla (-A-A).
As figuras ou recursos literarios danlle emotividade aos poemas.
Imos a traballar con tres recursos literarios: a personificación, a metáfora e a comparación.
Unha das partes do reto final será a creación dunha poesía ou composición poética que se pode enfocar de varias formas: elaborando e recitando o poema só, ou acompañando este con música, o que de seguro lle dará maior emotividade. A continuación, olla unha serie de exemplos de composicións poéticas:
No reto final realizaremos un poema.
Podemos acompañalo con música.
Mira os vídeos:
Don Dinis de Portugal foi un famoso trobador da Idade Media.
Rosalía de Castro foi moi importante para a literatura galega.
Najla Shami interpreta un poema de Rosalía.
Uxío Novoneyra foi un poeta galego nado na Serra do Courel.
Woyza interpreta un poema seu.
Manuel María é un poeta galego dos máis famosos.
Lúa Mosquetera é unha poetisa galega da actualidade
e fai colaboracións musicais co grupo Bala.
Nesta actividade terás que indicar que figura literaria aparece en cada frase.
Xenial!
Damos a opinión sobre os poemas musicalizados.
Dinos cal che gustou máis.
Escribe no caderno estas dúas opinións.
Comparte esta información cos compañeiros.
Respecta as opinións dos demais.
Antes de pasar o apartado da narrativa, le o seguinte poema e, a partir do que acabamos de ver sobre a poesía, indica o número de sílabas que ten cada verso e a súa forma e rima.
Por último, procura información na biblioteca sobre algún dos poetas e poetisas galegos homenaxeados nos últimos anos polas letras galegas e fai unha pequena escolma dos seus poemas máis representativos. De seguro que moitos poemas que leas vanche servir de inspiración para acadar un reto final do tríptico.
Algúns autores que son interesantes poden ser:
Luisa Villalta, Lois Pereiro, Xosé Manuel Díaz Castro, Eduardo Carvalho, Xela Arias e Manuel María.
Vai á biblioteca e escolle algúns autores homenaxeados recentemente nas Letras Galegas.
Escolle algún dos seus poemas e gárdaos para usalos de inspiración no reto final.
Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento Compartir igual 4.0