Saltar la navegación

1.2 Aquí si podemos vivir!

Turismo sostible

O concello de Santiago decidiu facer algo para reverter esta situación e cambiar o tipo de turismo que recibe e propuxo unha serie de ideas para ofertar un turismo sostible e de calidade. Esta nova forma de impulsar a cidade, promove visitar lugares da devandita cidade máis descoñecidos, máis aló da catedral e rúas que a rodean, participar en eventos culturais ou ofertar os produtos locais nunha cociña de calidade. Podes ler aquí a nova:

Santiago defende modelo sostible (2023) (abre nunha xanela nova)

Podemos ter como referencia o exemplo de Santiago de Compostela, pero tamén o concepto de "turismo slow" ou "turismo devagar". Sabes en que consiste? 

Lectura facilitada

Santiago de Compostela quere cambiar o tipo de turismo que recibe.

Promove un turismo sostible e de calidade.


O turismo devagar é un concepto en auxe, que cada vez máis concellos, rexións ou países inclúen nas súas páxinas web ou campañas de promoción turística como acontece na Mariña Lucense. Mirade os seguintes exemplos (abren nunha xanela nova) e pensade que características ten este tipo de turismo:

Páxina web de turismo de A Mariña Lucense

A Mariña Lucense

Páxina web turismo slow

Turismo Slow Norte de Galicia

Vídeo promocional A Mariña Turismo

A Casa do Mudo (Cervo)

Lugar das Marías (Xove)

Lectura facilitada

O turismo de vagar está en auxe.

Mirade os exemplos.

Curiosidade

O concepto “slow tourism“ (turismo devagar) está directamente relacionado co movemento “slow food”. Este xorde en Italia por parte dun grupo de activistas que se opoñen á apertura dun McDonald’s preto da Escalinata de Piazza di Spagna en Roma no ano 1986. Defenden as tradicións locais, a calidade da súa gastronomía e unha forma de vivir máis pausada. 

Lectura facilitada

O turismo “slow” (turismo devagar) ten relación coa “slow food” (comida lenta).

Xurdiu dunhas protestas sociais en 1986.

As persoas defenden as tradicións locais.

A xente defende a vida máis lenta e a boa gastronomía propia.

A organización sigue a facer xuntanzas sobre “Slow Food” (comida lenta).

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)