Saltar la navegación

4.4 Contido extra

Contido extra

Credes que o tríptico aínda non está completo? Se tedes tempo, podedes engadir outros elementos como os seguintes: 

  • Crear un slogan (frase breve ou palabra) que represente algo característico do lugar ou que represente a idea que queredes transmitir ás persoas que vos visiten.
  • Incluír unha curiosidade sobre o nome da localidade, sobre un feito histórico, sobre as relacións con outras localidades veciñas...
  • Crear un código de boas condutas. Reflexionade sobre cales son aquelas condutas que para vós serían importantes que seguira unha viaxeira ou turista respectuosa coa comunidade local.

Lectura facilitada

Podes engadir máis cousas, como:

  • Frase breve ou slogan.
  • Cousas curiosas.
  • Regras de boas condutas.

Turismo masificado no mundo: o concepto

Exemplos doutros concellos

Todas as ligazóns (abren nunha xanela nova).

Slogan (A Mariña)

A Mariña. Galicia de corazón.

Turismo A Mariña

Slogan (O Courel)

Destino Courel. Descubre. Saborea. Vive.

Turismo Courel

Slogan (Guitiriz)

A terra da auga.

Turismo Guitiriz

Curiosidade (Moeche)

O fidalgo Roi Xordo, líder da Irmandade Fusquenlla, iniciou unha das primeiras revoltas contra os señores feudais e fíxoo tomando o control do castelo de Moeche a comezos do século XV.

Curiosidade (Manzaneda)

O castiñeiro de Pumbariños, de máis de mil anos de idade, é o castiñeiro de maior circunferencia de Galicia, con case 14 metros. Atópase no souto de Rozavales, un dos oito Monumentos Naturais de Galicia e forma parte do Catálogo galego de árbores senlleiras.

Curiosidade (Fisterra)

Sabías que Alexandre Finisterre, veciño da localidade, foi o inventor do futbolín non ano 1937, durante a Guerra Civil e que o fixo para que os seus compañeiros do hospital puideran xogar ao fútbol?

Código boas condutas (Santiago de Compostela)

Vídeo do código de boas condutas do Concello de Santiago de Compostela

Lectura facilitada

Aquí podes atopar exemplos de slogan e curiosidades doutros concellos.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)