Saltar la navegación

2.1 A narrativa

Narrativa

Os textos e vídeos do apartado anterior corresponden aos denominados textos informativos ou expositivos

A pesares de que resultan interesantes, teñen diferenzas evidentes ante os denominados textos narrativos.

Aquí tedes un exemplo dun: 

Fachada de Santa Clara, en Santiago de Compostela

O bocoi de viño de pedra maciza da fachada de Santa Clara, en Compostela 

"Esta historia está relacionada coa construción, por parte do arquitecto barroco Simón Rodriguez, da súa obra máis emblemática, a fachada-telón de Santa Clara, en Compostela, falsa fachada que non o é de ningunha igrexa. Cóntase que lle dixeron ao arquitecto, en sé tabernaria, que aquela parede, tan alta, tan pesada, con tal mundo de adornos de pedra, se ía derrubar. Vai ser causa de desgraza, insistían. El apostou unhas cuncas: a fachada non vai caer, que aínda pode soster un bocoi de viño de pedra maciza. E acordou colocar o cilindro. Até hoxe, a fachada, sen dúbida a máis ousada e moderna do barroco compostelán, velaí a temos, desde o 1719, coroada co seu cilindro de pedra ou bocoi de viño. Polas tabernas, onde aínda hoxe maduran os viños co son grave do badalo da campá das horas da Berenguela, circula outra versión, que se cadra completa a anterior. O arquitecto colocoulle o bocoi de viño a Santa Clara, sinxelamente porque a santa é unha borracha."

Texto de Xosé Luís Santos Cabanas. A Galicia encantada. Xullo de 2012. (abre nunha xanela nova)

Lectura facilitada

Le o exemplo de texto narrativo.

Actividades

A continuación, propoñemos unha serie de actividades para que traballes esta historia.

Lectura facilitada

Actividades para traballar o texto narrativo anterior.

Opción A

Escoita a seguinte texto e completa cas palabras correctas.

Que tipo de palabras son?

historia está relacionada construción, por parte arquitecto barroco Simón Rodriguez, da obra máis emblemática, fachada-telón de Santa Clara, en Compostela, falsa fachada que non o é de igrexa. Cóntase que lle dixeron arquitecto, en sé tabernaria, que parede, tan alta, tan pesada, con tal mundo de adornos de pedra, se ía derrubar. Vai ser causa de desgraza, insistían.

Habilitar JavaScript

Opción B

Pregunta

Que tipo de palabras son as que aparecen subliñadas no seguinte texto?

El apostou unhas cuncas: a fachada non vai caer, que aínda pode soster un bocoi de viño de pedra maciza. E acordou colocar o cilindro. Até hoxe, a fachada, sen dúbida a máis ousada e moderna do barroco compostelán, velaí a temos, desde o mil setecentos dezanove coroada co seu cilindro de pedra ou bocoi de viño.

Sugerencia

Pensa que hai distintos tipos de palabras en función do seu papel dentro dunha oración.

Respuestas

Substantivos.

Verbos.

Determinantes.

Retroalimentación

Opción C

Pregunta

No texto anterior aparecen unha serie de determinantes, poderías dicir se son os seguintes?

Respuestas

Esta, unhas, o, a, aquela, seu, ningunha, un...

Alta, ousada, moderna, falsa, borracha, emblemática...

Fachada, bocoi, viños, historia, construción, arquitecto...

Pregunta

Cales son os tipos de determinantes?

Respuestas

Artigos, posesivos, substantivos, demostrativos e negativos.

Artigos, demostrativos, posesivos, numerais e indefinidos.

Demostrativos, intuitivos, definidos, indefinidos e comparativos.

Habilitar JavaScript

Actividades

Aquí tes outras actividades relacionadas cos signos de puntuación.

Tamén vas poder coñecer outra historia, moi real, sobre as dúas irmás máis famosas de Santiago de Compostela.

Lectura facilitada

Actividades para poñer os signos de puntuación.

Selecciona os signos de puntuación.

Le e completa co signo de puntuación axeitado.

Texto de Iglesia, A. de la. (1890): «Fol-klore galego. Os aparecidos», en La Pequeña Patria, ano 1º, nº 3. Santiago.

Imaxe dun cruceiro

O Demo disfrazado de señorita na Quintana dos Mortos 

Este era un estudante que andaba a deshora nunha clara noite con lúa paseando por debaixo dos soportais da Quintana dos Mortos en Santiago de Compostela e viu pasar unha moza moi fermosa ricamente vestida e composta  

A moza era bonita e el galante e namoradeiro así que se ofreceu a acompañala ofrecemento quer ela aceptou con agrado  

Subiron polas escaleiras da Quintana botaron a andar pola Corticela e os Oficios Acibechería Arco de Palacio  cruzaron polas cadeas da Praza do Hospital a Rúa das Hortas Areeira.

Cruceiro do Gaio Poza de Bar ata chegaren á carballeira de San Lourenzo

Foi entón cando o mozo antes non reparara máis que na fermosura da moza se fixou nos pés que se lle vían por debaixo da orla do vestido  

E non viu pés humanos senón poutas de lobo ou de león coas unllas negras longas e encurvadas Entón decatouse de que o ruído das pisadas dela tampouco era normal senón que petaba no chan como se fose calzada con botas de ferro  

O rapaz asustouse e cando chegaron preto do cruceiro antigo do Campo de San Lourenzo que se ergue arrimado ao ángulo da cerca do convento na encrucillada pouco antes de darlles viste ás porterías da igrexa e do mosteiro o mozo separouse da moza e dun salto perdendo no chimpo o tricorne e o manteo caeu enriba das gradas do cruceiro e abrazouse ao varal con todas as súas forzas  

Tremía como un vimbio cos cabelos encrespados pedindo a Deus perdón pola torpeza Foi así como desapareceu como fume pestífero a señorita que non era outra cousa que o Demo da Quintana dos Mortos así disfrazado

Habilitar JavaScript

Completa con signos de puntuación.

Le o texto e completa con signos de puntuación.

Ler e completar cos signos de puntuación axeitados. 

Texto adaptado de Galicia encantada.

Estatuas de Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, hermanas santiaguesas referidas popularmente como as dúas Marías, na alameda de Santiago de Compostela

Coralia e Maruxa saían todos os días dar un paseo sempre ás dúas en punto, engalanadas cos seus vestidos
rechamantes e maquilladas con pos de arroz Maruxa a maior das dúas piropeaba os estudantes coidando que
todos os homes estaban namorados delas Maruxa morreu en 1983 e Coralia uns meses despois logo de pasar
un tempo cunha irmá na cidade da Coruña Agora a súa memoria forma parte da imaxe pública da cidade Unha
escultura de César Lombera reprodúceas cos vestiarios coloridos que gastaban na entrada da Alameda
compostelá e entre os moitos souvernirs que as tendas comercializan tamén aparecen as súas figuras
inimitables Xosé Henrique Rivadulla Corcón dirixiu un documental titulado Coralia e Maruxa as irmás
Fandiño   2007 onde se conta a historia tráxica destas mulleres que tolearon a causa da represión



Habilitar JavaScript

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)