Estes textos proporcionan información sobre unha temática. No noso caso o espazo para esta información é bastante reducido, polo que nestes textos podedes incluír os nomes das actividades, lugares ou produtos xunto a unha descrición moi breve.
Lectura facilitada
O texto informativo danos información sobre calquera temática.
Audio
Actividade textos
Visualiza o vídeo e resúmeo coa axuda das seguintes preguntas:
- De que fala o vídeo e onde está localizado?
- Que ocorreu a finais dos anos 90? Cal foi o obxectivo desa actuación?
- Que información se descubriu grazas ás escavacións recentes?
- Que actividades se fan a día de hoxe no castelo?
- De que elementos se lembraban as testemuñas no século XVI?
- Cando e como foi destruído o castelo?
- Que foi o máis curioso de toda a información que escoitaches?
Lectura facilitada
Mira o vídeo e responde as preguntas.
De que trata e onde é?
Que ocorreu a finais dos anos 90 e por que?
Que se descubriu trala escavación?
Que se pode facer hoxe no castelo?
De que se lembran as testemuñas antigas?
Cando foi destruído o castelo?
Que foi o máis te chamou a atención?
Audio
As nosas actividades, produtos e lugares
Seguimos, que case o temos! Agora é o momento de dar información e ofertar actividades que se poden facer na nosa localidade (nunha época do ano ou ao longo deste), dar a coñecer os produtos locais e salientar os lugares de interese.
Neste último reto tedes que:
Crear o borrador dun pequeno texto informativo que explique actividades, que xa se están a realizar e/ou incluír actividades que vos gustaría que se levaran a cabo.
Crear o borrador dun pequeno texto que explique os produtos locais e de tempada, ou produtos IXP achegados.
Crear o borrador dun pequeno texto cos lugares de interese e zona da localidade onde se atopan.
Marcar o lugar de cada elemento na parte do tríptico elixida.
Escribir as versións finais dos textos no tríptico.
No caso de decidilo así, incluír os códigos QR coas ligazóns correspondentes (por exemplo un vídeo gravado nos lugares de interese ou unha receita con produtos locais gravada en audio).
Apoiar algunha parte dos textos con debuxos.
Revisar posibles erros.
Pensar como se vai expoñer esa parte do tríptico ao resto da clase.
Lectura facilitada
Imos realizar tres textos.
Un texto que fale das actividades a realizar na vila.
Un texto que fale dos produtos locais.
Un texto que fale dos lugares de interese.
Escoller o lugar dos textos no tríptico.
Revisar posibles erros.
Pensar na exposición.
Audio
Apoio visual
1. Creados os borradores dos textos, marcar no tríptico onde se vai escribir cada un.
2. Escribir as versións finais dos textos no tríptico (e se así o decidides, incluír os códigos QR).
3. Fai debuxos que apoien algunha parte dos textos. 4. Revisar e corrixir posibles erros.
5. Pensar como se vai explicar esta información ao resto da clase.
Que son produtos IXP?
Lectura facilitada
Mira o vídeo para ter información sobre produtos IXP.