Turismo masivo
Viaxar e coñecer lugares novos pode ser unha experiencia xenial, pero é así tamén para as persoas que residen nese lugar? Aínda que poida parecer que o turismo masivo é sempre beneficioso para o lugar e a súa economía, a realidade é ben distinta e podemos ver estas consecuencias negativas en Santiago de Compostela e noutros lugares próximos.
Fixádevos nas seguintes novas dos xornais dixitais (abren nunha xanela nova) e nas reportaxes en vídeo:
Suba dos prezos de alugueiro
As vivendas de uso turístico aumentaron na Galiza en 300% en catro anos
Gasto en reforzo de seguridade e limpeza
Santiago comezará a sancionar as malas prácticas
Santiago está saturada de turistas e visitantes
Santiago na encrucillada do turismo sen control
Dificultade para vivir e criar na zona vella de Compostela
Xentrificación en Porto
Lectura facilitada
Viaxar pode ser unha experiencia xenial.
E para as persoas que residen nese lugar tamén?
Fixádevos en exemplos de consecuencias negativas do turismo.