Imos ler!

A continuación presentámosche unha suxestión lectora para que acompañe este noso camiño ata a consecución do reto final.
Como imos ter que traballar moito con contos e narracións propoñémosche o libro Bestiario doméstico (abre nunha xanela nova), de Raquel Castro, con 12 contos breves sobre as aventuras inesperadas dos animais “da casa” (sapoconcho, can de palleiro, gato, rato, vaca, ovella, araña, mosca, home...).
De seguro que vas gozar con esta lectura.
Lectura facilitada
Esta é unha suxestión de lectura.
Propoñémosche o libro Bestiario doméstico, de Raquel Castro.
Ten 12 contos breves sobre as aventuras inesperadas dos animais “da casa”.
De seguro que vas gozar con esta lectura.