O poema
Para un poema/canción hai que ter en conta a métrica e as figuras literarias e elixir o que ides empregar no voso caso.
Na métrica:
Rima asonante ou consoante.
Rima en versos seguidos (AABB), versos pares (ABAB), ou en copla (-A-A).
Nos recursos literarios:
A personificación (obxectos con cualidades humanas), a metáfora (paso de cualidades dunha cousa a outra) e a comparación (establecer relación de semellanza entre dous elementos).
Lectura facilitada
Poema, para crealo hai que ter en conta:
- Rima asonante ou consoante.
- Rima en versos seguidos, pares ou en copla.
Recursos literarios a utilizar:
- Personificación , metáforas e a comparación.
1. Acordar se empregar poema ou canción.
3. Co borrador rematado, elixe unha opción:
Escribir o poema ou canción no tríptico.
Gravar o poema ou canción, crear un código QR coa ligazón ao audio e pegalo no tríptico.
4. Revisar e corrixir posibles erros.
5. Pensar como expoñer esa información ao resto da clase.