Saltar la navegación

5.1 Presentamos o reto

Actividade de presentación

A continuación, tócavos a todos os grupos expoñer a vosa proposta final de tríptico.

Repartide as partes do tríptico para facelo máis ameno e participar todos.

Lembrade ben todo o referente a expresión oral e corporal que traballastes na Fase 3 preparando a obra de teatro.

Cando expoñan os teus compañeiros mostra o mesmo respecto co que che gustaría que vos escoitasen cando o fagades vós.

Levades moito tempo traballando nisto e merecedes que se valore o esforzo de cada un de maneira igualitaria.

Lectura facilitada

Xa finalizamos o reto.

Imos avaliar o traballo dos compañeiros e compañeiras.

Axudaremos a facer mellor os seguintes traballos.

Seremos xustos/as coas nosas opinións.

Actividade para a coavaliación

Para a seguinte actividade terás que ser obxectivo co resto dos grupos xa que vas avaliar o traballo realizado durante todo este proceso e poderás axudar a que toda a clase mellore para os seguintes retos que vos formulen.

Chámase tres por tres (3x3) e para realizala faremos o seguinte:

  • Cada un dos grupos ten unha cor asignada.
  • Cada un de vós terá unha cartolina coa cor de cada grupo.
  • Unha vez expostos todos os traballos recortarás a cartolina en seis anaquiños.
  • En tres anaquiños poñerás palabras positivas sobre a presentación do grupo que corresponda e noutros tres suxestións de mellora ou aspectos que non vos pareceron adecuados.
  • Introduciranse nunha caixa, de forma anónima, para posteriormente os integrantes dos grupos ir colocándoas no taboleiro.
  • O grupo terá que ir ordenando as verbas segundo as consideren positivas ou negativas. 

 Ao finalizar, farase unha valoración final das impresións do conxunto da clase sobre cada un dos trípticos. Tendo en conta que sempre que non sexan ofensivas, toda opinión é respectable e merece ser tida en conta.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)