Saltar la navegación

3.1 Ter ideas nunca veu mal

 

Glosario

Creador ou creadora de contido

Pictograma que representa a unha persoa traballando nun ordenador

Definición:

Persoa encargada de elaborar contido orixinal e atractivo ca fin de posicionar unha marca e/ou conectar cunha audiencia.

Exemplo:

Hai moito creador de contido na plataforma "Tik Tok"

Avanzamos coa gramática

A continuación, antes de avanzar ca consecución do reto, presentámosche unha colección dos determinantes en galego.

É importante telos presentes de cara a unha correcta redacción, tanto para a lenda como para ofertar actividades no reto final.

Os determinantes

Artigos

Determinan aos substantivos e concordan en xénero e número

Determinados
Singular Plural
Masculino o os
Feminino a as

Indeterminados
Singular Plural
Masculino un uns
Feminino unha unhas


Ás veces na escrita pódese empregar a denominada "segunda forma do artigo" (lo, la, los, las) despois de certas palabras:

Mais, e mais: Xosé e mailo seu curmán.
Por: fun pola rúa; viu polo camiño.
Tras: hai un restaurante tralo desvío.
Todos, todas: tódolos problemas veñén xuntos; xogo con tódolos nenos
Ambos, ambas: ámbolos sobriños son dun tempo


Tamén hai que ter en conta que aparecen contraídos ao coincidir cunha preposición:

A (cos determinados: á, ao (ó), ás, aos(ós)
Con (co, ca, cos, cas, cun, cunha, cuns , cunhas)
De (do, da, dos, das; dun, dunha, duns, dunhas)
En (no, na , nos , nas; nun, nunha, nuns, nunhas)

Demostrativos

Os demostrativos son determinantes que acompañan ó substantivo e que indican distancia ou proximidade no espazo ou no tempo respecto daquelo do que fala o emisor ou emisora:

Masculino Feminino Neutro
Singular Plural Singular Plural Singular
Proximidade ao emisor este, ese estes, eses esta, esa estas, esas isto, iso
Distancia aquel aqueles aquela aquelas aquilo

Os demostrativos contraen coas preposicións en de do seguinte xeito:

este estes esta estas isto
de deste destes desta destas disto
en neste nestes nesta nestas nisto

Faríase do mesmo xeito cas restantes formas: ese (dese, nese), aquel (daquel, naquel)

Posesivos

Os demostrativos acompañan un substantivo e cando substitúen a este, funcionan como pronome.

Os posesivos indican posesión ou pertenza dun obxecto atribuída a unha ou varias persoas.

Persoa Singular Plural
Singular Masculino Feminino Masculino Feminino
meu miña meus miñas
teu túa teus túas
seu súa seus súas
Plural noso nosa nosos nosas
voso vosa vosos vosas
seu súa seus súas


Indefinidos

Fan referencia a unha cantidade de maneira imprecisa ou indeterminada.

O determinante indefinido acompaña o substantivo e tamén pode exercer de pronome se vai só:

Algo, alguén, ninguén, nada

Existen determinantes indefinidos variables. Son aqueles que teñen xénero e número:

algún(s) - algunha(s)
moito(s) - moita(s)
certo(s) - certa(s)
todo(s) - toda(s)
bastante(s)
nigún(s) - ningunha(s)
pouco(s) - pouca(s)
outro(s) - outra(s)
demasiado(s) – demasiada(s)

E tamén existen determinantes indefinidos invariables:

Cada, calquera, máis, menos, demais

Os indefinidos poden contraer coas preposicións:

algún algunha
de dalgún dalgunha
en nalgún nalgunha

Numerais

O determinante numeral expresa cantidade. Pode funcionar como todos os determinantes ou como pronome cando vai só, cando non acompaña o substantivo. Os determinantes numerais poden ser ordinais ou cardinais.

Os ordinais indican orde na súa colocación ou dentro dun grupo.

Primeiro caixón, segundo piso, terceiro, cuarto.

Os cardinais informan sobre a cantidade exacta de elementos.

Un vaso, dúas bicicletas, catro libros, seis mesas.

Os determinantes cardinais a partir de vinte escríbense separados.

Vinte e un, vinte e sete, trinta e cinco.

Descarga estes cadros

Accede ao arquivo de descarga. Abre nunha xanela nova.

Creadores de contido

Como de seguro saberedes, hoxe en día o volume de información que manexamos nas redes sociais é enorme. Moitas veces é necesario facer unha criba ou pasarlle o que se denomina “un filtro” a toda esa información para saber que é real e así non caer en loiadas ou nas tamén denominadas fake news. Sóache? 

Galicia está a ser un motor en auxe en canto a creadores e creadoras de contidos culturais ou científicos, e o mellor de todo… fanse en galego!

Para que poidas enfocar o reto final de diversas formas, propoñémosche que prestes atención aos seguintes exemplos de creación de contido en galego. Hainos de moitos tipos, pero quizais algún deles acheguen ideas para crear algún apartado do tríptico final.

Todos e todas eles foron considerados mellores creadores de contido do ano 2023 e 2022.

Toxío: páxina web de viaxes.



Divulgadora de contido en galego en xeral, e en particular de aspectos relacionados ca lingua e literatura galega.



.

Profesor de historia que pescuda na historia de Galicia nun formato de entrevista e reportaxe.

Vídeo de Esther Vázquez e o seu famoso Dígocho Eu, que segue sendo unha forma de aprender o galego dun xeito divertido e ameno.

Lectura facilitada

As redes sociais teñen moita información que debemos filtrar.

As fake news son noticias falsas que nos enganan e confunden.

Os creadores de contidos son persoas que comparten información de todo tipo nas redes sociais.

Galicia ten moitos creadores de contidos na actualidade que fan contidos culturais.

Imos ver diferentes exemplos de creadores de contidos galegos.

Foron premiados nos anos 2022 e 2023.

Nota

Como podes comprobar, dentro de todos os exemplos que che acabamos de propoñer, existen multitude de formas de expresarse.

Isto é fundamental telo en conta de cara ao reto final xa que puideches ver que se enfoca a transmisión de contidos en varios formatos e incluso utilizando varios tipos de texto. É dicir, nun mesmo formato, podemos conxugar textos narrativos, poéticos ou expositivos informativos.

Lectura facilitada

Existen moitas formas de expresarse.

O reto final enfócase na transmisión de contidos en varios formatos e utilizando varios tipos de texto.

Podemos mesturar textos narrativos, poéticos ou informativos.

Actividade na biblioteca

Imaxe que representa varios poemarios

En grupos, procurade información na biblioteca sobre persoas autoras galegas homenaxeadas nos últimos anos polas letras galegas e fai unha selección daqueles que aparecen nela.

Seleccionade algún texto de cada un deles (repartíndovos o traballo). Logo lede en voz alta cada un dos seleccionados para que así o grupo escoite todo. Cada un de vós comentade e anotade no caderno as vosas preferencias.

Cal vos gustou máis? Por que? 

Como axuda: podedes visitar a páxina da RAG (abre nunha xanela nova) para realizar a selección dos autores. Como o número de autores é moi extenso, centrádevos nos autores do Século XXI que se dedicaran á narrativa.

Lectura facilitada

Imos á biblioteca e escollemos

un autor homenaxeado nas Letras Galegas.

Escollemos un texto

para a súa lectura na clase.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)