Saltar la navegación

1.3 Que podemos facer?

 

Glosario

Lenda

Pictograma que representa unha muller contando un conto a un cativo

Definición:

Un tipo de narración que conta unha historia que pode semellar real pero é ficción. Pode ter referencias a persoas ou culturas.

Exemplo:

Coñeces a lenda da Maruxaina?

Tríptico

Fotografía dun papel dobrado en tres partes

Definición:

Papel que se dobra en tres partes e que contén información sobre un lugar.

Exemplo:

A vila vén de crear un tríptico para a súa promoción turística

O noso reto

O noso reto consistirá en promover a nosa localidade dun xeito respectuoso ca poboación e co contorno. Para facer isto, realizaremos un tríptico turístico (produto final) para o que deberás ir facendo as seguintes tarefas:

Primeiro reto: coñece todo o posible sobre o texto narrativo, así como a forma axeitada de contar historias. Unha vez teñamos todo, poderás afrontar a primeira parte do tríptico:

- Crea ou adapta unha lenda acontecida no lugar onde vives. 

Segundo reto: indaga sobre as estruturas poéticas e os recursos literarios e expresivos que posúen os poemas e as cancións. Deste xeito, podemos afrontar a nosa segunda encomenda:

- Crea ou adapta un poema ou canción que describa a túa localidade.

Terceiro reto: para completar o tríptico, busca o maior número de información posible sobre actividades que se poden facer na túa zona sen afectar de forma negativa ao patrimonio histórico e natural nin á veciñanza, información sobre lugares que merecen unha visita e tamén sobre produtos que tedes no voso concello ou concellos veciños.

- Elabora pequenos textos que presenten actividades a realizar, así como lugares de interese e produtos locais.

Este tríptico non ten que ser un produto final cun formato único escrito, senón que pode ser enfocado a través da utilización de todos aqueles recursos audiovisuais cos que contedes no voso centro (gravación de vídeo, audio, podcast…).

Lectura facilitada

Os nosos retos son tres:

Primeiro reto: aprenderemos sobre a narrativa e crearemos unha lenda.

Segundo reto: realizaremos unha canción ou un poema que describa a localidade.

Terceiro reto: investigaremos sobre a cidade e escribiremos pequenos textos informativos.

Que conseguirás ao finalizar o reto?

  • Producir de forma individual un texto con valor literario e que terá unha relevancia na vida diaria da cidadanía galega.
  • Utilizar e fomentar a tradición oral como medio para presentar historias, contos… recoñecendo este aspecto como un medio de divulgación fundamental da cultura galega.
  • Coñecer os elementos necesarios para producir un texto narrativo ou poético.
  • Adquirir hábitos de traballo en grupo e respectar a toma de decisións nun colectivo integrado por iguais.
  • Realizar un seguimento a través do diario de aprendizaxe que facilitará a adquisición do reto e autoavaliación deste proceso.

Lectura facilitada

Ao final do reto conseguiremos:

Escribir un texto relevante.

Aprender sobre a tradición oral.

Coñecer as partes dun texto.

Traballar en grupo.

Escribir no diario de aprendizaxe para reflexionar sobre o aprendido.

Acode ao diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Representa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto cREAgal na tapa

Acode ao diario de aprendizaxe e plasma aí as primeiras reflexións sobre o aprendido. Cubre coa túa información.

Lectura facilitada

Escribe no apartado da Fase 1 do teu diario de aprendizaxe.

Valora o teu traballo no diario de aprendizaxe.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)