Glosario
Métrica
A métrica deste poema é perfecta.
Poesía
A poesía de Rosalía de Castro é universal.
Rima
Esa canción ten unha rima moi enxeñosa
A métrica deste poema é perfecta.
A poesía de Rosalía de Castro é universal.
Esa canción ten unha rima moi enxeñosa
Xa lembramos o que eran os textos informativos e mais os textos narrativos. A continuación, imos facer un pouco de memoria sobre algúns aspectos relacionados ca poesía.
Esta vai ser unha parte importante do reto final así que cómpre ter unha boa base para traballalo máis adiante.
Para darlle emoción aos textos poéticos utilízanse as denominadas figuras literarias e para darlle ritmo a lectura utilízanse textos cunha métrica determinada.
Imos cos poemas.
Le o seguinte poema de Federico García Lorca.
A continuación presentámosche un dos seis poemas que Federico Garcia Lorca lle adicou a Galicia a principios do século XX. Foi versionado por moitos cantautores e grupos coma por exemplo Luar na Lubre.
Madrigal á cibdá
de Santiago (Chove en Santiago)
Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ô sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla o vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Agoa da mañán anterga
trema no meu corazón.
A continuación realiza unha das seguintes tarefas relacionadas ca poesía.
Traballo cos seguintes poemas.
Opción 1: Coloco número de sílabas.
Opción 2: Sinalo verdadeiro ou falso.
Opción 3: Responde no caderno.
Coloca o número de sílabas que ten cada verso do poema de Lorca.
Responde verdadeiro ou falso ás seguintes afirmacións.
Falso
Moi ben!!
Falso
Moi ben!!
Verdadero
Moi ben.
Verdadero
Moi ben, é unha das máis habituais nas chamadas coplas as máis predominantes na cultura galega de tradición oral.
Responde e escribe:
Escolle entre as seguintes opcións unha tarefa relacionada cas figuras literarias.
Metáforas, cualidades dunha cousa trasladadas a outra.
Comparacións, relación entre elementos reais con imaxinarios.
Personificación dar a obxectos, animais ou cousas características dos seres humanos.
Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento Compartir igual 4.0