Están relacionadas cun lugar concreto e coa súa cultura.
Poden contar con elementos históricos reais e outros que pertencen á imaxinación das xentes que as foron transmitindo oralmente de xeración en xeración.
Céntranse nun personaxe ou personaxes principais.
Son textos narrativos e constan dunha presentación, dun nó e dun desenlace.
Lectura facilitada
Unha lenda está relacionada cun lugar concreto.
Pode contar elementos reais ou imaxinados.
Centra a historia nun ou varios personaxes principais.
E teñen presentación, nó e desenlace.
Audio
Actividade lenda
Lectura facilitada
Ordena os parágrafos da lenda usando as frechas.
A nosa lenda
A primeira parte do voso tríptico será a creación dunha lenda relacionada coa vosa localidade ou cos arredores. Poderedes empregar unha que traiades das vosas casas, modificala ou crear unha nova.
Debedes seguir unha serie de pasos neste primeiro reto.
Compartir co resto do grupo as lendas que vos contaron na casa.
Acordar se empregar ou modificar unha delas ou crear unha nova (tedes unha rúbrica ao final desta páxina para valorar que lenda empregar).
Crear a versión final da lenda nun borrador.
- Opción 1 : Escribir a lenda a limpo no tríptico.
- Opción 2 : Gravar a lenda e incluír no tríptico o código QR coa ligazón ao audio.
Elaborar un pequeno debuxo que apoie a lenda.
Sinalar nun pequeno mapa a localización do relato.
Revisar posibles erros.
Pensar como se vai expoñer esa parte do tríptico ao resto da clase.
Lectura facilitada
Imos crear unha lenda.
Para seguir os pasos preme na icona do ollo que tes á dereita da pantalla.
Audio
Apoio visual
1. Compartir lendas co resto do equipo. 2. Acordar como é a lenda para o produto final.
3. Co borrador rematado, elixe unha opción:
Opción 1: Escribir a lenda no tríptico.
Opción 2: Gravar a lenda, crear código QR coa ligazón e pegalo no tríptico.
4. Fai debuxo que apoie a lenda. 5. Localiza a lenda nun pequeno mapa da zona.
6. Revisa e corrixe posibles erros. 7. Pensa como presentar esa información ao resto da clase.
No barrio de Paradai, en Lugo, conservábase unha calzada romana (hoxe desaparecida), que era lugar de xogo para a rapazada en tempos onde o paso dos coches non era moi frecuente.
Veciños da zona lembran que na súa nenez, na hora do solpor dos longos días de verán, se o ceo se tinguía dunha cor vermella intensa, a xente maior dicía que esa cor era sinal de que os romanos ían volver á cidade para conquistala de novo. Era unha forma de dicirlles ás nenas e nenos que xa era hora de deixar de andar pola rúa e ir para a casa.
Hai xente que a día de hoxe aínda recorda como en ocasións crían escoitar ao lonxe o son de escudos e espadas antes de entrar á casa ás carreiras.
Lenda do tesouro do castro de Vilasibil (Folgoso do Courel)
No castro de Vilasibil (Meiraos), no concello de Folgoso do Courel contan que hai un burato do que se sacou unha gran pedra de calcaria (hoxe no peche dunha finca achegada). Nese burato había un tesouro gardado por unha serpe, que os veciños foron buscar seguindo indicacións dun libro coñecido como “Tombo”. Aínda que sabían do perigo de atopar a esta serpe, comezaron a cavar no burato e ao pouco escoitaron os bufos da serpe, sentiron un tremor de terra e o descenso brusco da temperatura. Así foi como escaparon correndo e non volveron a intentar buscar o tesouro máis.
Existe outra versión que di que o tesouro non se podía sacar porque estaba protexido polo manancial, que asolagaría o pobo se alguén intentase facerse con el.