Saltar la navegación

5.2 Avaliamos o reto

Rúbrica de coavaliación

A continuación presentámosche unha rúbrica para que lle pases a cada un dos produtos finais que presentaron o resto dos grupos. Como poderás supoñer, esta crítica é bastante máis técnica e obxectiva que a realizada no punto anterior mediante o xogo do 3x3.

COAVALIACIÓN DOS TRÍPTICOS DO GRUPO......
 ExcelenteBoAceptableInsuficiente
Claridade e fluidezEnténdese moi ben toda a información. O volume, ritmo e a entoación son boas. A linguaxe é axeitada á audiencia. (4)Enténdese ben toda a información. O volume, ritmo e a entoación son boas, aínda que hai algún erro. A linguaxe é axeitada á audiencia. (3)Enténdese toda a información. Hai erros no volume, ritmo ou entoación. A linguaxe non sempre é axeitada á audiencia. (2)Non se entende sempre a información. Hai varios erros no volume, ritmo e entoación. A linguaxe non é axeitada á audiencia. (1)
Organización e coordinación co resto do equipoHai unha boa organización da presentación de contidos. A orde de presentación é fluída e non hai momentos de dúbida e, no caso de habelos, resólvense de inmediato coa axuda do resto do equipo. (4)Hai unha boa organización da presentación de contidos. A orde de presentación é case sempre fluída e os momentos de dúbida resólvense coa axuda do resto do equipo. (3)A organización da presentación de contidos non é moi clara. Na presentación hai algún momento de dúbida que non é ben resolto. (2)A organización da presentación de contidos é difícil de seguir. Na presentación hai numerosos momentos de dúbida que non son ben resoltos. (1)
Interacción coa audienciaHai contacto visual coa audiencia. Modifícanse aspectos da presentación se é necesario segundo a reacción da audiencia (voz máis alta se non escoitan ben, ritmo máis baixo se non seguen ben a presentación,...). Respóndese ás preguntas de forma clara e coa información axeitada. (4)Hai contacto visual coa audiencia a maior parte do tempo. Modifícase algún aspecto da presentación se é necesario segundo a reacción da audiencia (voz máis alta se non escoitan ben, ritmo máis baixo se non seguen ben a presentación,...). Respóndese á maioría das preguntas de forma clara e coa información axeitada. (3)Hai pouco contacto visual coa audiencia. Non se modifican aspectos da presentación se é necesario segundo a reacción da audiencia (voz máis alta se non escoitan ben, ritmo máis baixo se non seguen ben a presentación,...). Respóndese á maioría das preguntas coa información axeitada. (2)Apenas hai contacto visual coa audiencia. Non se modifican aspectos da presentación aínda se é necesario segundo a reacción da audiencia (voz máis alta se non escoitan ben, ritmo máis baixo se non seguen ben a presentación,...). Non se responde ás preguntas coa información axeitada. (1)
Interiorización dos contidosAs e os integrantes do grupo fan a exposición da súa parte sen momentos de dúbida. (4)As e os integrantes do grupo fan a exposición da súa parte cun momento puntual de dúbida, pero poden seguir coa presentación da súa parte. (3) As e os integrantes do grupo fan a exposición da súa parte con varios momentos de dúbida, pero poden seguir coa presentación da súa parte. (2) As e os integrantes do grupo fan a exposición da súa parte con varios momentos de dúbida, sen poder seguir coa presentación da súa parte. (1)
Atractivo visualÉ un tríptico atractivo visualmente e invita á súa consulta. O seu deseño facilita a lectura e interpretación de toda a información. (4)É un tríptico atractivo visualmente e invita á súa consulta. O seu deseño facilita a lectura e interpretación de case toda a información. (3)É un tríptico pouco atractivo visualmente, pero aínda así invita á súa consulta. O seu deseño facilita a lectura e interpretación dalgunha información. (2)É un tríptico que non é atractivo visualmente e non invita á súa consulta. O seu deseño non facilita a lectura e interpretación da información. (1)

Elaboración propia - Proxecto cREAgal. COAVALIACIÓN DOS TRÍPTICOS DO GRUPO...... (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Representa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto cREAgal na tapa

Xa por última vez, pedímosche que vaias agora ao teu diario de aprendizaxe, ese que nos vén acompañando durante todo este camiño e anotes os aspectos máis relevantes para ti.

Agardo que para ti resultara unha situación estimulante e che fixera recapacitar sobre moitas das cousas que nos rodean.

Ata a próxima!

Lectura facilitada

Escribe no apartado da Fase 5 do teu diario de aprendizaxe.

Valora o teu traballo no diario de aprendizaxe.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)