3.3.2. Acrosport

 

Ocultar

Glosario

Glosario

Acrobacias

Pictograma que representa a un acróbata

Definición:

Movemento ou exercicio de equilibrio que revela destreza e axilidade.

Exemplo:

As ximnastas impresionaron ao público coas súas acrobacias espectaculares durante a competición.

Cooperación

Pictograma que representa a unión entre dúas mans para explicar o que é a cooperación

Definición:

A acción ou proceso de traballar xunto, combinando accións, influxos ou medios colectivos para alcanzar un obxectivo común ou beneficio mutuo.

Exemplo:

Nun equipo de fútbol, a cooperación entre as xogadoras e os xogadores é fundamental para alcanzar a vitoria nos partidos.

Cuadrupedia

Pictograma que representa unha persoa en posición de cuadrupedia

Definición:

Tipo de exercicio ou movemento onde a persoa se apoia nas catro extremidades (dúas mans e dúas pernas) para realizar un movemento coordinado.

Exemplo:

Os exercicios de cuadrupedia como o rastrexo polo chan axudan a mellorar a forza nas extremidades e a coordinación motora.

Pulso

Pictograma que representa o pulso nun debuxo dunha brazo.

Definición:

Punto onde o brazo se articula coa man.

Exemplo:

Manqueime no pulso ao caer.

Acrosport

Ocultar

Debuxo no que aparecen uns avatares facendo acrosportO acrosport é un deporte que combina a destreza física, o traballo en equipo e a diversión. Supón unha excelente oportunidade para iniciarse no mundo das acrobacias, mellora as túas capacidades físicas e fomenta a creatividade. Neste deporte, a cooperación e esencial polo que, comezar na vosa idade, é xenial xa aprenderedes a traballar xuntos mentres conseguides crear pirámides humanas, realizar saltos e piruetas e acrobacias de chan. 

Por iso esta actividade é tan completa. Ademais de traballar a forza, a flexibilidade, a coordinación e o equilibrio, tamén fomenta o compañeirismo e reforza o sentido de pertenza a un grupo; cada un e cada unha de vós achega o seu propio talento e habilidades ao seu equipo para conseguir realizar xuntos e xuntas as figuras. Promove valores fundamentais como o respecto, a comunicación, a constancia e a confianza en vós mesmos, leccións moi valiosas para a vida, máis alá do deporte.

Queres saber máis?

O termo "acróbata" deriva do grego akrobatos: camiñar sobre a punta dos pés.

O acrosport, en termos populares, defínese como o deporte no que un acróbata realiza diversos exercicios ximnásticos.

As acrobacias foron practicadas desde tempos antigos. Hai máis de 4.000 anos, en culturas como a exipcia, tiñan un papel destacado en festividades e cerimonias. Os antigos gregos tamén practicaban exercicios acrobáticos, destacando os xogos con touros onde realizaban saltos e equilibrios.

En Europa, desde o século IV ao XIII, houbo un aumento significativo do interese polo circo, onde os acróbatas amosaban a súa destreza en rúas e feiras das cidades. E durante o Renacemento, en Venecia, orixinouse o concurso da “Arquitectura Viva", no que destacaba a elaboración de pirámides acrobáticas. Neste período, xurdiu o interese por esta temática na educación física, dando lugar aos primeiros libros sobre exercicios acrobáticos.

O pleno desenvolvemento da acrobacia no circo ocorreu no século XVIII, coa introdución de exercicios na cama elástica, no trampolín e tamén equilibrios no chan.

Lectura facilitada

Pechar (Lectura facilitada)

O acrosport é un deporte que combina a destreza física, traballo en equipo e diversión.

Con el iniciaraste no mundo das acrobacias, mellorarás as túas capacidades físicas e fomentarás a creatividade.

A cooperación e esencial, aprenderedes a traballar xuntos mentres creades pirámides humanas, realizades saltos e piruetas e acrobacias de chan. 

Ademais de traballar a forza, a flexibilidade, a coordinación e o equilibrio, tamén fomenta o compañeirismo e reforza o sentido de pertenza a un grupo.

Promove valores como o respecto, a comunicación, a constancia e a confianza en vós mesmos.

Audio

Pechar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6644/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA4_332-ACROSPORT.mp3>

A importancia do equilibrio

Ocultar

Pictograma que representa unha persoa en equilibrio enriba dun banco

Equilibrio

O equilibrio é fundamental no acrosport. É a capacidade que ten o corpo de manter o control e a estabilidade mentres se realizan diferentes movementos, por exemplo manterse unha posición desexada ou subirse a un portor ou a unha portora, nunha acción, sen caerse.

Podemos distinguir dous tipos de equilibrio:

Equilibrio estático: consiste en manter unha posición estable e controlada durante un período prolongado de tempo. Por exemplo, manter unha pirámide humana. O equilibrio estático require concentración, control muscular e unha distribución precisa do peso corporal para manter a estabilidade.

Equilibrio dinámico: implica manter o control e a estabilidade do corpo mentres está en movemento entre diferentes posturas, por exemplo: mentres se executan pinchacarneiros, xiros ou saltos. Para ter un bo equilibrio dinámico precísase unha excelente coordinación e un bo coñecemento de propio corpo e as súas capacidades.

Cando practiquedes o acrosport, debedes aprender a axustar constantemente o voso centro de gravidade e a utilizar a forza axeitada para mantervos estables mentres realicedes movementos dinámicos e acrobáticos. Dominar tanto o equilibrio estático como o dinámico é esencial, xa que vos permite realizar con éxito unha variedade de movementos acrobáticos de xeito seguro e efectivo.

Lectura facilitada

Pechar (Lectura facilitada)

O equilibrio é a capacidade do corpo de manter o control e a estabilidade da postura mentres se realizan diferentes movementos.

Por exemplo, manter unha posición desexada ou subirse a un portor ou unha portora sen caer.

Podemos distinguir dous tipos de equilibrio:

  • Equilibrio estático: controlar a postura durante un período prolongado de tempo sen moverse.

    Por exemplo, manter unha pirámide humana.

  • Equilibrio dinámico: controlar a postura do corpo mentres está en movemento.

    Por exemplo, mentres se executan pinchacarneiros, xiros ou saltos. 

Cando practiquedes acrosport, debedes aprender a axustar constantemente o voso centro de gravidade.

Tamén a utilizar a forza axeitada para controlar a postura mentres realicedes movementos.

Dominar ambos equilibrios é esencial, xa que vos permite realizar movementos acrobáticos de xeito seguro e efectivo.

Audio

Pechar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6644/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA4_332-EQUILIBRIO_V01.mp3>