Actividades: remove as túas emocións
Cres que as redes sociais poden afectar ao teu nivel anímico e emocional?
Polo xeral, se unha persoa recibe un comentario negativo por algunha publicación que realizara nas redes, o sentimento que terá será seguramente de tristeza, decepción ou rabia (sobre todo se ese comentario é dunha persoa amiga). Pola contra, se a valoración é positiva, recibir moitos likes, palabras agradábeis e de eloxio… as emocións que aparecerán serán de alegría, satisfacción, entusiasmo ou euforia.
É importante analizar ben o significado das diferentes emocións para entender como pode reaccionar o teu corpo e a túa mente ante diferentes situacións que se poidan dar, tanto na práctica das actividades físico-deportivas como no uso das redes sociais, xa que as emocións poden repercutir positiva ou negativamente na túa autoestima.
De seguro que moitas destas emocións que verás a continuación xa as sentiches, e polo tanto, xa as coñeces. É importante lembralas xa que che servirán de moito para superar o reto e aprender máis sobre a expresividade do teu corpo. Ponte a proba!
Lectura facilitada
Cres que as redes sociais poden afectar ao teu nivel anímico e emocional?
Polo xeral, se unha persoa recibe un comentario negativo nas redes sociais,
o sentimento que terá será seguramente de tristeza, decepción ou rabia.
Pola contra, se a valoración é positiva,
as emocións que aparecerán serán de alegría, satisfacción, entusiasmo ou euforia.
É importante analizar ben o significado das diferentes emocións
para entender como pode reaccionar o teu corpo e a túa mente ante diferentes situacións,
xa que as emocións poden repercutir positiva ou negativamente na túa autoestima.
De seguro que moitas destas emocións que verás a continuación xa as sentiches ou xa as coñeces.
É importante lembralas xa que che servirán de moito para superar o reto e aprender máis sobre a expresividade do teu corpo.
Ponte a proba!
Audio
<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6644/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA4_2-4-EMOCIONS-E-REDES_V01.mp3>