Emocións no deporte

As emocións no deporte

Ocultar

Debuxo que mostra as diferentes emocións que poden pasar no deporte: alegría, tristeza, desesperación, enfado...Euforia, decepción, alegría, frustración, rabia, felicidade... Os/as deportistas pasan por diferentes sentimentos e estados de ánimo durante a súa práctica deportiva, de aí que a intelixencia emocional cobre cada vez maior protagonismo. Aquel ou aquela deportista que non teña un bo control emocional estará prexudicando o seu rendemento deportivo e esa pode ser a diferencia entre o éxito e o fracaso.

Segundo diferentes estudos, para ter un bo control emocional primeiro hai que distinguir as emocións nun mesmo, e dicir, tomar conciencia das propias emocións. A continuación, hai que saber xestionalas dunha maneira apropiada para que se volvan nun punto ao noso favor e non nun problema. E por último, tamén é importante distinguir as emocións e sentimentos nos demais; deste xeito estaremos desenrolando a empatía e poderemos axudar a outras persoas.

E ti, sabes distinguir as túas emocións durante a práctica dos xogos? Controlas as túas emocións cando practicas un xogo competitivo? Es quen de recoñecer as emocións que os adversarios ou adversarias e os propios compañeiros e compañeiras están sentindo durante a práctica deportiva, mirando tanto as expresións faciais como corporais?

Lectura facilitada

Pechar (Lectura facilitada)

Euforia, decepción, alegría, frustración, rabia, felicidade...

Os deportistas teñen sentimentos e estados de ánimo durante a súa práctica deportiva.

Por iso, a intelixencia emocional ten cada vez maior protagonismo.

Aquel ou aquela deportista que non teña un bo control emocional estará prexudicando o seu rendemento deportivo e esa pode ser a diferencia entre o éxito e o fracaso.

Para ter un bo control emocional, primeiro hai que distinguir as emocións nun mesmo ou nunha mesma, e dicir, recoñecer as propias emocións.

Despois, hai que saber xestionalas dunha maneira apropiada para obter un beneficio e non un problema.

Por último, tamén é importante distinguir as emocións e sentimentos nos demais, desenvolvendo a empatía e axudando a outras persoas.

E ti, sabes distinguir as túas emocións durante a práctica dos xogos?

Controlas as túas emocións cando practicas un xogo competitivo?

Es quen de recoñecer as emocións que o resto están sentindo durante a práctica deportiva?

Audio

Pechar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6644/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA4_333-EMOCIONS-NO-DEPORTE_V01.mp3>

Analizando os rostros dos deportistas

Ocultar

Os seguintes deportistas están a expresar unha emoción ou sentimento. Analiza ben o seu rostro e os seus xestos e adiviña. 

Esta actividade pretende xerar tamén unha análise sobre os diferentes estados de ánimo e emocións que aparecen nas diferentes fotografías, xa que uns diferéncianse doutros por pequenos matices que é bo aclarar co alumnado.  

undefined

Número de preguntas: 15

Acertos: 0

Erros: 0

Puntuación: 0

Vida: Vida: Vida: Vida: Vida:
Tempo por pregunta:

00:00

Minimizar:
Pantalla Completa:
Xenial! A pista é::
Pregunta sen imaxes
Audio
Autoría:

Clique aquí para xogar:
01234567891011121314
O navegador non é compatible con esta ferramenta.