4.1. Crea contido

 

Ocultar

Glosario

Glosario

Interaccións

Pictograma que representa unha interacción entre duas persoas.

Definición:

Accións que supoñen unha relación entre dúas ou máis cousas ou persoas.

Exemplo:

Durante o adestramento, as interaccións entre as persoas que forman o equipo, fortalecen o vínculo e a colaboración entre elas.

Enchemos de contido o muro social

Ocultar

O muro (tamén coñecido coma feed), é o lugar do teu perfil onde publicas contido novo e o mostras á comunidade. Na nosa rede social, o contido estará relacionado coas actividades que realices durante as sesións de Educación Física, que serán: bailes e danzas, acrosport e dramatizacións.

Os tipos de contidos cos que traballarás serán: fotografías, vídeos, comentarios e interaccións con outros perfís.

Para superar o reto, todos e todas debedes participar no proceso de publicación de contidos sendo protagonistas do mesmo. Que significa isto? Pois que cada membro do grupo ten que aparecer en cada tipo de contido novo o número de veces que se indique.

O reto estará superado cando no voso muro teñades, como mínimo, tantas novas entradas (posts) coma aquí se indican:

Pictograma que representa uns avatares ensinando un mural

  • 3 fotografías: foto de grupo, acrosport, emocións.
  • 3 vídeos: este formato é ideal para expoñer danzas e bailes. Captan o movemento e fai que o espectador ou espectadora conecte moito máis.
  • 5 comentarios feitos polo grupo.
  • 10 comentarios individuais por membro do grupo (feitas por vós co voso alcume nas diferentes publicacións dos outros grupos).

Lectura facilitada

Pechar (Lectura facilitada)

O muro ou "feed", é o lugar do teu perfil onde publicas contido novo e o mostras á comunidade.

Na nosa rede social o contido estará relacionado coas actividades de Educación Física: bailes e danzas, acrosport e dramatizacións.

Os tipos de contidos cos que traballarás serán: fotografías, vídeos, comentarios e interaccións con outros perfís.

Para superar o reto debedes publicar contidos sendo protagonistas do mesmo.

É dicir, cada membro do grupo ten que aparecer en cada tipo de contido novo o número de veces que se indique.

O reto estará superado cando publiquedes como mínimo: 

  • 3 fotografías: foto de grupo, acrosport, emocións.
  • 3 vídeos: este formato é ideal para expoñer danzas e bailes. Captan o movemento e fai que o espectador conecte moito máis.
  • 5 comentarios feitos polo grupo.
  • 10 comentarios individuais por membro do grupo (feitas por vós co voso alcume nas diferentes publicacións dos outros grupos).

Audio

Pechar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6644/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA4_4-1-ENCHEMOS-O-MURO_V01.mp3>

Rede social en papel: crear, preparar e publicar

Ocultar

En cada sesión, cada grupo se farase cargo de levar consigo un dispositivo tecnolóxico (convertible, portátil, tableta, cámara...) para realizar as fotografías e gravacións necesarias. Será importante repartirvos as funcións de "técnico de gravacións" para asegurarvos que todos cumprides as aparicións mínimas marcadas polo reto. Cando teñamos o material gravado toca revisar e decidir entre todo o grupo que se vai poñer no muro.

Unha vez seleccionado o que queremos poñer, seguramente será necesario imprimir algún tipo de contido (coma as fotografías e subir os vídeos) para despois poder agregalos ao modelo e ao muro. Será indispensable, polo tanto, facilitarlle as fotografías e os vídeos ao profesor/a unha vez rematada cada xornada para que vos poida facilitar as impresións necesarias canto antes e poder engadir as entradas ao voso muro.

Como se pode imprimir o vídeo dun baile?

Neste caso, primeiro, subirase o vídeo á aula virtual ou a outra plataforma. Despois, xeraremos e imprimiremos un código QR que enlace ao vídeo en cuestión e que se poderá ver en calquera dispositivo que apunte ao mesmo. Sinxelo, non si?

Podes xeralos na seguinte páxina: QR Code Monkey (ábrese en nova xanela).

A continuación, tes dous exemplos de contido nos que se explican un pouco máis as súas partes:

Presentación que mostra un exemplo de como pode ser unha entrada da rede social. Contido de texto e imaxes.

1. Nome do grupo e data de publicación.

2. Imaxe ou elemento para visualizar.

Recorda, avisa ao teu mestre ou mestra no caso de que haxa que imprimir algunha fotografía ou,  no caso dos vídeos, que debemos subilos antes a unha plataforma e logo imprimir o código QR.

3. Descrición ou comentario da actividade.

Tes que saber que dispoñedes dun modelo que podedes utilizar para crear o contido na rede social en papel.

Acceso ao documento:

Nese modelo aparecen, ademais do oco para escribir a vosa entrada, os espazos para reaccións e comentarios que explicaremos na páxina seguinte.

Problemas de espazo? Non vos cabe o contido?

Se vedes que precisades de moito espazo para poñer as vosas publicacións e comentarios, podedes valorar a opción de facer a rede social en formato arquivador. Cada grupo tería o seu arquivador e as demais persoas poderían ir consultalo en calquera momento para ver as novas publicacións de cada grupo.

A primeira páxina correspondería á páxina de grupo, e tamén poderiades anexar os perfís persoais a continuación. 

Posteriormente, engadiriades as follas de cada publicación que se fixera do contido correspondente. Se necesitarades espazo para máis comentarios, poderiades engadir máis follas a continuación da publicación que o precise.  No apartado seguinte, tedes modelos dispoñibles para levalo a cabo.

Lectura facilitada

Pechar (Lectura facilitada)

En cada sesión, cada grupo teredes que levar un dispositivo para realizar as fotografías e gravacións necesarias (portátil, tableta, cámara...).

Será importante que todos cumprades as aparicións mínimas marcadas polo reto.

Cando teñamos o material gravado decidide entre todo o grupo que se vai poñer no muro.

Unha vez seleccionado o que queremos poñer, facilitarlle as fotografías e os vídeos ao profesor/a

para que vos poida facilitar as impresións necesarias canto antes e poder engadir as entradas ao voso muro.

Partes dun contido:

1. Nome do grupo e data de publicación.

2. Imaxe ou elemento para visualizar.

3. Descrición ou comentario da actividade.

Dispoñedes dun modelo dispoñible que podes utilizar para crear o contido na rede social en papel.

Acceso ao documento:

Nese modelo aparecen, ademais do oco para escribir a vosa entrada, os espazos para reaccións e comentarios que explicaremos na páxina seguinte.

Audio

Pechar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6644/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA4_4-1-REDE-SOCIAL-EN-PAPEL_V01.mp3>