Practicamos

Que imos facer

Ocultar

Debuxo que mostra a dous avatares bailandoDurante as sesións de Educación Física de esta situación de aprendizaxe practicaremos dúas danzas tradicionais moi sinxeliñas e divertidas: Ki Koi Kuo (tamén chamada Ku Tschi Tschi noutros lugares) e Tarantella. Aprender os pasos será cuestión de minutos, e a diversión estará garantida.

Pero, ademais, durante estas semanas propoñemos outros pequenos retos.

Saberás que existen moitísimos titoriais e retos de baile que a través das redes sociais vólvense virais, non si? Pois, navegando un pouco pola rede, atopei algúns para facer de forma individual, en parellas e en grupos. Poderás atopalos nos seguintes apartados. Non será sinxelo e igual tes que practicar algo máis cando teñas un oquiño libre pero... serás quen de dominalos todos? Seguro que si! 

Lectura facilitada

Pechar (Lectura facilitada)

Durante este reto practicaremos dúas danzas tradicionais moi divertidas: Ki Koi Kuo (tamén chamada Ku Tschi Tschi noutros lugares) e Tarantella.

Aprender os pasos será cuestión de minutos, e a diversión estará garantida.

Ademais, durante estas semanas propoñemos outros pequenos retos.

Saberás que existen moitísimos titoriais de baile que a través das redes sociais vólvense virais.

Pois navegando un pouco pola rede, atopei algúns para facer de forma individual, en parellas e en grupos.

Poderás atopalos nos seguintes apartados.

Serás quen de dominalos todos? Seguro que si! 

Audio

Pechar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6644/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA4_331-QUE-FACER_V01.mp3>

Ki Koi Kuo

Ocultar

A primeira danza mestura pasos en parella e en gran grupo con outros momentos de movemento libre, vas a pasalo bomba!

<https://www.youtube.com/embed/osfADng-PKM>

Lembra os pasos de Ki Koi Kuo

Lembra os pasos de Ki Koi Kuo

Os pasos a seguir son moi sinxelos, presta atención: 

  1. Baile libre.
  2. Buscamos unha parella achegada e, agarrándonos dos ombreiros, levantamos os talóns 5 veces ao ritmo da música.
  3. Separámonos e sinalamos estendendo os brazos ao ritmo da música, outras 5 veces.
  4. Levantamos os brazos seguindo o ritmo outras 5 veces.
  5. Volvemos ao baile libre e repetimos toda a secuencia varias veces ata rematar a música. 

Tarantella

Ocultar

A segunda danza que vas aprender é de orixe italiano. É un chisco máis complicada, pero nada que un bailarín profesional coma ti non poida superar, andiamo!

<https://www.youtube.com/embed/hN42ZeROknA>

Lembra os pasos da Tarantella

Lembra os pasos da Tarantella

Fase A

  1. Cada un avanza saltando cara á súa parella e en cada compás dan un golpe coa outra man á pandeireta por diante do peito, e outro por detrás.
  2. Seguen dando os golpes de pandeireta, pero crúzanse polos ombreiros dereitos, van cara á dereita, un paso e volven ao seu sitio de costas, cruzándose polos ombreiros esquerdos.
  3. Mesmo desprazamento e paso que antes, pero no canto de dar palmadas van virando as mans a modo de muíño e tamén virando sobre se mesmos.
  4. Repetimos todo unha vez máis.


Fase B

  1. Un da parella ponse de xeonllos e levanta a man dereita, mentres leva o ritmo coa pandeireta na esquerda. O outro agarra coa súa man dereita a do mozo e vai virando con paso saltando en torno seu en sentido das agullas do reloxo.
  2. Repetimos o mesmo pero cambiando de man e o primeiro posto de pé.


Fase C

  1. Enlázanse pola cintura coa man dereita e a esquerda elévana ao aire e viran.
  2. Sóltanse e dan un golpe na pandeireta á vez que a cambian de man (pasa á esquerda).
  3. O mesmo pero enlazados coa esquerda e virando no sentido contrario ás agullas do reloxo.
  4. Repetimos.

Pasos de baile virais

Ocultar

Seguro que coñeces máis dunha rede social relacionada cos bailes, onde podemos observar novas tendencias e retos virais case cada día. Seguro que os vídeos que verás a continuación xa che soarán, serás quen de aprender estes bailes? 

<https://www.youtube.com/embed/ZUAV7CN47-s?si=ceHXzVGZ5dAKQroU>

<https://www.youtube.com/embed/lvYcQ3j89ZQ>

<https://www.youtube.com/embed/afmXWrw3Fh0>

<https://www.youtube.com/embed/qLQyavTemdw>