Diario de aprendizaxe

Diario de aprendizaxe

Icona que representa un diario de aprendizaxe

Un diario de aprendizaxe é unha ferramenta a través da cal poderás recompilar datos sobre o teu proceso de aprendizaxe.

No teu diario, atoparás preguntas guiadas que te axudarán a reflexionar sobre a maneira na que aprendes e será unha fonte de información útil para ti mesmo e para o teu profesorado xa que poderás valorar os teus progresos e obterás moita información de como transcorre a túa aprendizaxe. 

Recorda! Aínda que pode ser revisado polo profesorado, non é un instrumento de avaliación. Escribe con sinceridade e analiza con franqueza a maneira na que aprendes xa que che axudará a coñecerte mellor para futuras aprendizaxes.

Grazas a usar os diarios, estarás desenvolvemento a túa autonomía e estarás aumentando a túa capacidade para aprender a aprender. 

Audio

Pechar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6644/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA4_DIARIOXERAL_V01.mp3>