Síntete coma un deportista
Na actividade anterior fuches quen de recoñecer a mensaxe que transmitían diferentes deportistas analizando a súa expresión facial e os seus xestos. Agora é a túa quenda.
Exporanse diferentes situacións que poden suceder durante a práctica deportiva e ti terás que expresar co teu corpo como te sentirías se estiveses vivindo esa situación na realidade. Haberá emocións positivas e estados de ánimo negativos. Isto permitirache entender que, no deporte, existe tanto a vitoria como a derrota, os momentos de máxima alegría en contraposición coas vivencias máis negativas, segundos que poden parecer eternos ou segundos que nos levarán á gloria...
Estás preparado/a? Soamente vas precisar seguir os seguintes pasos:
1) Escoita con máxima atención a situación deportiva narrada polo teu mestre ou mestra.
2) Imaxina que esa situación está sucedendo na realidade e ti ou o teu equipo sodes os/as verdadeiros/as protagonistas.
3) Transmite a través do teu rostro, xestos e movementos do teu corpo a emoción que sentirías nese momento.
4) Fotografía ás persoas do teu grupo para acadar a mellor imaxe que represente esa emoción.
Lectura facilitada
Na actividade anterior recoñeciches a mensaxe que transmitían diferentes deportistas analizando a súa expresión facial e os seus xestos.
Agora é a túa quenda.
O voso mestre ou a vosa mestra explicará diferentes situacións que poden suceder durante a práctica deportiva.
Ti terás que expresar co teu corpo como te sentirías se estiveses vivindo esa situación.
Haberá emocións positivas e estados de ánimo negativos.
Isto permitirache entender que no deporte existe tanto a vitoria como a derrota, momentos de máxima alegría e vivencias negativas, segundos que poden parecer eternos ou segundos que nos levarán á gloria...
Estás preparado/a? Segue estes pasos:
1) Escoita con atención a situación deportiva narrada polo teu mestre ou mestra.
2) Imaxina que esa situación está sucedendo na realidade e ti es o /a verdadeiro/a protagonista.
3) Usa o teu rostro e os xestos e movementos do teu corpo para mostrar a emoción que dese momento.
4) Fotografía ás persoas do teu grupo para acadar a mellor imaxe posible.
Audio
<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6644/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA4_333-SINTETE-DEPORTISTA_V01.mp3>