Glosario
Avatar

-
Definición:
-
Identidade dixital que adopta un usuario dun servizo de Internet, como unha charla, xogo en rede ou foro.
-
Exemplo:
-
Nalgúns foros pódese incorporar unha imaxe para utilizala no avatar.
Privacidade

-
Definición:
-
Estado ou condición do que é privado; dereito dunha persoa a manter a súa vida persoal e os seus asuntos afastados do coñecemento público ou de terceiros.
-
Exemplo:
-
Valoro moito a miña privacidade e non me gusta compartir detalles persoais en redes sociais.