Comunícate
O segredo das redes sociais, como xa dixemos, é a comunicación entre as persoas que forman parte das mesmas. Esta comunicación faise a través das diferentes interaccións entre os usuarios, que reaccionan ao contido compartido.
Existen dúas formas principais para interactuar na nosa rede social:
- Reaccións: xa sabes que unha imaxe vale máis ca mil palabras, así que na nosa rede social tamén haberá a posibilidade de utilizar diferentes tipos de iconas, baseados nas emocións, que che permitirán interactuar rapidamente co contido doutros grupos.
Se queres saber que significan as iconas da rede, podes consultar a Guía: as nosas iconas (ábrese en nova xanela). - Comentarios: podemos escribir tamén unha resposta ao contido que eles mostran seu muro. Gustouche? Sorprendeuche? crees que pode cambiar e/ou mellorar algo? Interactúa co outro grupo ou con un usuario ou unha usuaria en particular, nomeando o seu alcume e escribíndolles o que che pareza, sempre co respecto e educación que che gustaría que tiveran cando comentan ao que ti compartes. Será obrigatorio que todo comentario especifique a autoría do mesmo, escribindo o alcume a continuación da @.
Algúns exemplos poderían ser:
- @LúaLuíña: Non sabía que @Pepiño92 bailase tan xenial! Encántame!
- @CRACKSde5: O grupo @Patosos bailan xenial, non sei porque se poñen ese nome se o fan espectacular!
Os comentarios e as interaccións poderás escribilos/pegalos só nos tempos de lecer durante a xornada escolar, non durante as clases.
Recorda as normas básicas da netiqueta cando vaias comentar no muro dos teus compañeiros e compañeiras:
- Utiliza unha linguaxe axeitada nos contidos compartidos e nos comentarios realizados.
- Evita escribir en maiúsculas.
- Utiliza algún emoji se a mensaxe de texto pode parecer confusa.
- Respecta ás persoas participantes. Non deixes comentarios para facer dano.
- Non copies contidos, intenta ser o máis orixinal posible.
Lectura facilitada
A comunicación entre as persoas que forman parte das redes sociais faise a través de diferentes interaccións entre os usuarios,
que reaccionan ao contido compartido.
Existen dúas formas principais para relacionarse na nosa rede social:
- Reaccións: utilizar diferentes tipos de iconas, baseados nas emocións, que che permitirán reaccionar ao contido doutros grupos.
- Comentarios: podemos escribir tamén unha resposta ao contido que eles mostran seu muro, nomeando o seu alcume e escribíndolles, sempre co respecto e educación. Será obrigatorio que todo comentario especifique a autoría do mesmo, escribindo o alcume a continuación da @.
Algúns exemplos poderían ser:
- @LúaLuíña: Non sabía que @Pepiño92 bailase tan xenial! Encántame!
- @CRACKSde5: O grupo @Patosos bailan xenial, non sei porque se poñen ese nome se o fan espectacular!
Os comentarios e as interaccións poderán realizarse só nos tempos de lecer durante a xornada escolar, non durante as clases.
Recorda as normas básicas da netiqueta cando vaias comentar no muro dos teus compañeiros e compañeiras:
- Utiliza unha linguaxe axeitada nos contidos compartidos e nos comentarios realizados.
- Evita escribir en maiúsculas.
- Utiliza algún emoji se a mensaxe de texto pode parecer confusa.
- Respecta ás persoas participantes. Non deixes comentarios para facer dano.
- Non copies contidos, intenta ser o máis orixinal posible.
Audio
<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6644/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA4_4-2-COMUNICATE_V01.mp3>