Grazas á Internet e as redes sociais pódese estar en contacto con amizades que se encontren a centos de quilómetros de distancia, ver as fotografías da viaxe dos nosos familiares no mesmo momento que as toman e, como podes ver na noticia, tamén podemos informarnos de cousas ou coñecer iniciativas coma a de este director chinés que baila cos seus alumnos e alumnas para facer exercicio cada mañá dunha maneira divertida e saudable, loitando así contra o sedentarismo.
Cando pensamos en redes sociais, a miúdo imaxinamos fotos, likes, mensaxes... Todas son opcións que serven para comunicar algo. Xa sexa cunha mensaxe escrita, un emoji, bailando nun vídeo, actuando ou realizando acrobacias estamos a expresarnos.
A medida que as redes sociais evolucionan, tamén o fai a nosa forma de comunicarnos a través delas pero temos que ter en conta que, nun mundo dixital onde as palabras poden ser máis facilmente mal interpretadas, un xesto ou un movemento pode valer máis que mil palabras e o noso corpo ten a incrible capacidade de mandar mensaxes, contar historias e transmitir emocións. A expresión corporal é un elemento clave na forma na que conectamos cos demais.