Medidas de seguridade

Medidas de seguridade

Ocultar

As medidas de seguridade que debemos ter en conta á hora de facer acrosport son:

Pictograma que representa unhas colchonetas e unhas espaldeiras

Actividades sobre superficie acolchada.

Pictograma que representa apretar unha zapatilla

Non utilizar zapatillas durante a sesión.

Pictograma que representa a comunicación entre duas persoas.

Comunicación continua entre o portor ou portora e o áxil.

Pictograma que representa movemento de subida e baixada

Movementos suaves e controlados de subida e baixada.

Pictograma que representa unhas mans ofrecendo axuda

Importancia de saber executar e realizar correctamente os agarres.

Pictograma que representa un apoio seguro en acrospor realizado entre dous personaxes

Apoios seguros en superficies duras ou articulacións.

Aspectos básicos de seguridade

Ocultar

Antes de executar unha figura ou pirámide débense ter en conta os seguintes aspectos xerais:

  1. Todos os integrantes do grupo deben de ter claro que é o que se ten que facer en cada momento: como se sube e como se baixa, o tipo de agarres, as posicións... Respectar as quendas de execución.
  2. Os movementos deben ser suaves e precisos; a brusquidade nunha figura pode provocar unha caída. 
  3. A comunicación entre portor/a e áxil debe ser fluída e en ton moderado. 
  4. A estabilidade do portor ou portora e as presas deben de estar garantidas. 
  5. A forza aplicada sobre o portor ou portora para subirnos enriba debe ser moderada e progresiva. 
  6. Os primeiros intentos deberán ser en presenza de un ou varios axudantes. 
  7. As figuras móntanse do centro cara aos extremos e desmóntanse na orde inversa. 
  8. Adecuar o espazo: utilizar colchóns de seguridade, quitar calzado...

Audio

Pechar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6644/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA4_332-SEGURIDADE-ACROOSPORT.mp3>

Como realizar un apoio seguro

Ocultar

Consideramos como apoios seguros aqueles lugares onde a carga, neste caso o peso do áxil, pode colocarse sen causar dano físico ao portor ou portora.

A continuación, podes ver algúns exemplos de como realizar estes apoios seguros e así poder distribuír o peso correctamente sobre o óso en diferentes posicións. 

Debuxo que mostra unha figura de acrosport

Na postura de cuadrupedia, débense colocar os apoios nos ombreiros e a rexión inferior das cadeiras, evitando sempre colocalos no centro das costas.

Debuxo que mostra unha figura de acrosport

De pé, é importante colocar os apoios nos xeonllos ou na unión entre a cadeira e a perna, evitando poñelos sobre o cuadríceps. Ademais, nesta postura, as costas deben manterse en liña recta en todo momento para previr curvaturas na columna.

Debuxo que mostra unha pirámide de acrosport

Na posición de cuadrupedia dorsal, é necesario apoiarse nos ombreiros e os xeonllos.