5.4. Diario de aprendizaxe

Diario de aprendizaxe

Icona que representa un diario de aprendizaxe

Xa finalizamos a Fase 5 da nosa situación de aprendizaxe e cubrindo o seu apartado imos rematar o noso diario de aprendizaxe.

É o momento de sacar conclusións sobre a maneira na que nos avaliamos. Tiveches a oportunidade de avaliarte de varias maneiras: seguindo unha lista de tarefas, cas opinións dos teus compañeiros e compañeiras e seguindo unha rúbrica de autoavaliación na que de maneira persoal reflexionaches sobre o realizado durante toda a situación de aprendizaxe.

Crees que é sinxelo realizar unha boa avaliación con estes instrumentos? Serviuche ter unha lista de tarefas para guiarte no proceso? Como levaches as opinións das demais persoas? Anota no diario as túas reflexións e recorda que esta información pode servirche para aprender máis sobre ti e sobre a maneira na que aprendes.

Lectura facilitada

Pechar (Lectura facilitada)

Imos cubrir a Fase 5 no noso Diario de aprendizaxe centrada na avaliación.

Xa tiveches a oportunidade de avaliarte de varias maneiras: seguindo unha lista de tarefas, coas opinións dos teus compañeiros e compañeiras, seguindo unha rúbrica de autoavaliación, etc.

Anota no diario as túas reflexións e recorda que

esta información pode servirche para aprender máis sobre ti e sobre a maneira na que aprendes.

Audio

Pechar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6644/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA4_DIARIO5_V01.mp3>