Glosario
Relevante

-
Definición:
-
Que ten importancia, que sobresae.
-
Exemplo:
-
Grazas a información relevante que atopei no texto puiden solucionar o exercicio.
Pescudar

-
Definición:
-
Facer as preguntas e investigacións necesarias para chegar a saber algo.
-
Exemplo:
-
Dáseme ben pescudar, creo que de maior podería ser unha boa detective.
Alcume

-
Definición:
-
Nome, xeralmente curto e fácil de recordar, usado por unha persoa nas conversas, grupos de novas ou outras aplicacións de Internet para asegurar o seu anonimato.
-
Exemplo:
-
Uxía conectouse ao xogo pero, ao comezo, non sabía que era ela porque usaba o seu alcume en lugar do seu nome.
Privacidade

-
Definición:
-
Calidade do que é de acceso restrinxido a unhas determinadas persoas.
-
Exemplo:
-
Os controis de privacidade das redes sociais axudan a que só as túas amizades poidan ver as túas fotos.