3.1. Redes sociais e algo máis...
Que é una rede social?
Que é una rede social? Unha rede social é como un parque ou unha aula xigante, pero virtual, onde podes atopar a persoas (familiares, amizades, xente cos mesmos gustos...), falar con eles e compartir debuxos, xogos, historias, vídeos...
Na Internet, igual que nun parque ou nunha aula real, hai regras que se deben seguir. Debedes ser respectuosos cas demais persoas, non dicir cousas desagradables nin ofensivas e tampouco se debe compartir información persoal como onde vives ou o teu número de teléfono.
As redes sociais son un lugar divertido para compartir e aprender, pero sempre debes usalas de maneira segura e responsable.
<https://www.youtube.com/embed/VPgG_eNqjnA>
Queres saber máis sobre as redes sociais?
- A idade mínima legal para rexistrarse nunha rede social en España son 14 anos e vaise cambiar ata os 16 anos. (Ver noticia)
- As expresións máis utilizadas e máis utilizadas son: HASHTAG, DM, Lol, WTF, BFF, HATER, CRUSH...
- A foto con máis me gusta de Instagram, ata finais do ano 2023, foi a de un ovo e ten máis de 60 millóns (ver). Só puido ser superada pola fotografía de Lionel Messi levantando a copa do mundo con Arxentina a finais de 2022, que chegou ata os 75 millóns de likes. (Ver)
- O animal máis famoso nas redes sociais é o gato. (Ver noticia)
Lectura facilitada
Unha rede social é como un unha aula xigante virtual.
Nela podes atopar a persoas (familiares, amizades, xente cos mesmos gustos...), falar con elas e compartir debuxos, xogos, historias, vídeos...
Ao igual que nunha aula real, hai regras que se deben seguir.
Debemos ser respectuosos coas demais persoas,
non dicir cousas desagradables nin ofensivas,
e tampouco compartir información persoal
como onde vives ou o teu número de teléfono.
As redes sociais son un lugar divertido para compartir e aprender,
pero sempre debes usalas de maneira segura e responsable.
Audio
<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6644/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA4_3-1-AS-REDES-SOCIAIS_V01.mp3>
A importancia de expresarse correctamente nas redes sociales: a "netiqueta"
A "netiqueta" é un conxunto de normas para regular e promover un comportamento educado e respectuoso na Internet. Como xa falamos anteriormente, é moi importante saber expresarse correctamente para relacionarnos ben con outras persoas, tanto no mundo real coma nas redes sociais e no mundo virtual en xeral. A continuación, tes dous vídeos explicativos nos que explican un pouco máis sobre a mesma.
<https://www.youtube.com/embed/SrDvQCcNwWQ>
<https://www.youtube.com/embed/B_LB6mHnjGc>
Seguir as normas da netiqueta, axudarate a socializar mellor e ter unha mellor presenza na rede. Os teus perfís poden servir para atopar amizades con gustos similares, para comunicarte con compañeiros/as de estudos e incluso para comprobar se es a persoa idónea para un posto de traballo. Por iso, recorda sempre as seguintes normas básicas:
- Utiliza unha linguaxe axeitada nos contidos compartidos e nos comentarios realizados.
- Evita escribir todo en maiúsculas. No mundo virtual significa que estás a gritar.
- Utiliza algún emoji se a mensaxe de texto pode parecer confusa e así poderás darlle mais contexto ao que recibe á mensaxe sobre a túa intencionalidade.
- Respecta aos participantes en xeral e non xulgues a ninguén. Non deixes comentarios para facer dano. Recorda que quen lee as túas mensaxes son outros seres humanos con sentimentos que poden ser feridos.
- Respecta a privacidade das demais persoas: non está permitido compartir ningún contido sen o consentimento de todas as persoas afectadas no mesmo.
- Non copies contidos, intenta ser o máis orixinal posible. Cada quen é libre de compartir co resto o que lle apeteza pero sempre cun respecto e unhas normas. Se utilizas contido de outras persoas, mira previamente se podes utilizalo e atribúe o mérito ao seu creador ou á súa creadora.
- En xeral, axuda a quen o necesite, sexa do teu grupo ou de outro. Todos e todas formades parte dunha mesma comunidade e a todas as persoas nos gusta ser axudadas cando temos un problema ou algunha dúbida que non sabemos solucionar.
Lectura facilitada
A "netiqueta" é un conxunto de normas para ter un comportamento respectuoso na Internet.
É moi importante expresarse correctamente para relacionarnos axeitadamente con outras persoas, tanto no mundo real coma no virtual.
A continuación, tes dous vídeos para saber un pouco máis.
Seguir as normas da netiqueta, axudarache a socializar mellor e ter unha mellor presenza na rede.
Recorda sempre as seguintes normas básicas:
- Utiliza unha linguaxe axeitada.
- Evita escribir todo en maiúsculas. No mundo virtual significa que estás a gritar.
- Utiliza algún emoji para explicar mellor a túa intencionalidade.
- Respecta ás persoas participantes e non xulgues a ninguén. Non deixes comentarios para facer dano.
- Respecta a privacidade das demais persoas: non está permitido compartir ningún contido sen consentimento.
- Non copies contidos, intenta ser orixinal. Se utilizas contido de outras persoas, asegúrate se podes utilizalo e atribúe o mérito ao seu creador ou á súa creadora.
- En xeral, axuda a quen o necesite, sexa do teu grupo ou de outro. Todos e todas formades parte dunha mesma comunidade.
Audio
<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6644/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA4_3-1-A-NETIQUETA_V01.mp3>
FAKE NEWS. Analizade se información e verdadeira ou falsa
As noticias vólvense virais. As vemos por todas as redes sociais pero non sabemos se son certas ou non. Antes de crer que é certo algo se debe contrastar esa información pero... sabes como?
Aquí tes 4 consellos para comprobar se unha información é verdadeira ou falsa:
- Comprobar quen a escribe. É unha conta oficial? Ou é alguén facéndose pasar por outra persoa?
- Mira a data na que se publicou, pode ser un suceso que non sexa recente.
- Buscar en varias páxinas a mesma información, din o mesmo? Ou son diferentes versións?
- Esa noticia ten bo fondo ou é unha información que atenta contra o respecto, seguridade, ou saúde das persoas?
Se queres saber máis, visita a seguinte ligazón do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE):
Lectura facilitada
As noticias fanse virais, pero non sabemos se son certas ou non.
Antes de crer que algo é certo debemos asegurarnos... sabes como?
4 consellos para comprobar se unha información é verdadeira ou falsa:
- Comprobar quen a escribe, é unha conta oficial? Ou alguén facéndose pasar por outra persoa?
- Mira a data na que se publicou, pode ser un suceso que non sexa recente.
- Buscar en varias páxinas a mesma información, din o mesmo? Ou son diferentes versións?
- Esa noticia ten boa intención ou é unha información que quere facer dano a alguén?
Se queres saber máis, visita a seguinte ligazón do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE):
Audio
<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6644/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA4_3-1FAKENEWS_V01.mp3>
Actividade - Xogo
Xogo. Verdadeiro ou falso.
Cada alumno/a pensa nunha anécdota, verdadeira ou falsa. Cada día que teñamos sesión, sairán varias persoas a contar, diante de toda a clase, a súa historia e a xente intentará adiviñar se é certa e ou non. Será unha anécdota fake ou será verdade? Seredes quen de adiviñalo?
Despois de descubrir cada historia, reflexionade sobre as pistas que vos axudaron para adiviñalo ou que cousas vos despistaron para errar. Influíron en algo o corpo e os xestos das persoas que o contaron?
Lectura facilitada
Xogo. Verdadeiro ou falso.
Cada alumno/a pensa nunha anécdota verdadeira ou falsa.
Cada día sairán varios a contar, diante da clase, a súa historia.
O resto intentará adiviñar se é certa ou non.
Seredes quen de adiviñalo?
Despois de descubrir cada historia, reflexionade sobre a información que vos axudou (ou dificultou) a adiviñalo.
Influíron en algo o corpo e os xestos das persoas que o contaron?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Compartir igual 4.0