4.3. Comproba o teu reto

Lista de cotexo

Previsualización do documento_Comproba o teu reto

Nesta situación de aprendizaxe descubrimos que hai unha linguaxe que non necesita palabras. Unha linguaxe na que todos e todas podemos falar e que nos axuda a compartir emocións e pensamentos dunha maneira dinámica, divertida e creativa. Estas formas de expresión corporal (baile e danzas, dramatizacións e acrosport) teñen algo en común coas redes sociais: axúdannos a conectar coas demais persoas.

Comproba ca seguinte lista de cotexo que completaches todas as tarefas necesarias para superar o reto. Recorda tamén comentar as actividades dos vosos compañeiros e compañeiras e así interactuar para darvos opinións, felicitacións, ánimos, compartir risas ou aplausos. 

 Comproba o teu reto (PDF - ábrese en nova xanela)

Comproba o teu reto en formato para edición (.odt)

Lectura facilitada

Pechar (Lectura facilitada)

Nesta situación de aprendizaxe descubrimos que hai unha linguaxe que non necesita palabras.

As formas de expresión corporal traballadas (baile e danzas, dramatizacións e acrosport) teñen algo en común coas redes sociais: axúdannos a conectar coas demais persoas.

Sobe contido ao voso muro, comproba que completaches todas as "tarefas"/"entradas" e revisa as interaccións que recibiches.

Recorda comentar as actividades dos vosos compañeiros e compañeiras e interactuar para darvos opinións, felicitacións, ánimos...

Coa seguinte lista de cotexo podes comprobar se realizaches todas as tarefas necesarias.

Audio

Pechar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6644/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA4_4-3-LISTACOTEXO_V01.mp3>