2.1. Os equipos

 

Ocultar

Glosario

Glosario

Homoxéneo

Pictograma que representa un grupo de persoas iguais, cas mesmas características.

Definición:

Que está formado por elementos da mesma natureza ou moi semellantes.

Exemplo:

O meu equipo de baloncesto é moi homoxéneo, todos e todas temos a mesma idade e compartimos os mesmos gustos.

Condicións de uso

Pictograma que representa un documento para asinar e aceptar unhas condicións

Definición:

É un contrato legal entre unha entidade que presta un servizo e a persoa que quere facer uso do dito servizo.

Exemplo:

Se non respectas as condicións de uso que aceptas ao rexistrarte nunha rede social, poden eliminar o teu perfil e non poderás usala máis.

Formación de grupos

Ocultar

Pictograma que representa a uns avatares traballando en grupo

O primeiro que ides crear son os grupos de traballo, os cales se manterán durante todas as sesións desta situación de aprendizaxe ata alcanzar o reto final. Xuntos e xuntas, compartiredes actividades, corrixirédesvos e axudarédesvos.

A idea é crear un grupo equilibrado e homoxéneo para afrontar todas as actividades e onde todos e todas poidades participar e realizar achegas libremente.

Non é unha competición. Aínda que a clase se agrupe en diferentes equipos de traballo, todos tedes o mesmo obxectivo común: crear uns espazos na rede social para o voso grupo onde compartiredes as actividades que ides realizando nas sesións de Educación Física. 

A cooperación é unha das mellores maneiras de aprender. Se algún equipo precisa axuda, ti e mailo teu grupo, podedes axudar, non dubides en facelo.

Estás preparado para saber quen será parte do teu equipo? Pois adiante!

Lectura facilitada

Pechar (Lectura facilitada)

Crearemos grupos de traballo que se manterán durante todas as sesións.

Xuntos compartiredes actividades, vos corrixiredes e axudaredes entre vós.

A idea é crear un grupo equilibrado onde todos e todas poidades participar e realizar achegas.

Non é unha competición, todos tedes o obxectivo de crear espazos na rede social para compartir actividades de Educación Física. 

A cooperación é unha das mellores formas de aprender. Se algún equipo precisa axuda, podes axudarlles, non dubides en facelo. 

Estás preparado/a para saber quen será parte do teu equipo? Pois adiante!

Audio

Pechar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6644/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA4_EQUIPOS2-1_V01.mp3>

Actividade para creación de grupos

Ocultar

Duración:
2 min
Agrupamento:
Toda a clase

Debuxo que mostra a uns avatares nunha eleccion de grupo

Escóllense a 5 persoas para capitanear para os grupos.

A continuación, cada capitán/capitá escolle a un compañeiro/a alternando sexos (sempre que se poida cumprir a regra) para o seu equipo. Se é un capitán comezaría por nena. Se é unha capitá comezaría escollendo a un neno.

Os grupos que formaremos traballarán xuntos durante toda a situación de aprendizaxe.

Ficha de grupo

Ocultar

Unha vez formados os grupos, deberedes cubrir unha ficha na que, ademais de elixir un nome para o equipo e anotar a todos os seus membros, tamén teredes que firmar o voso compromiso de uso correcto da rede social. Á hora de crear un perfil nas redes sociais tamén temos que aceptar unhas condiciones de uso, non si?

Descargade a vosa ficha de grupo na seguinte ligazón:

 Acceso ao documento: Ficha de grupo en PDF (ábrese en nova xanela).

Lectura facilitada

Pechar (Lectura facilitada)

Unha vez creado o grupo debedes cubrir a ficha de grupo. 

Teredes que elixir un nome de equipo, anotar a todos os membros e firmar as normas e condicións de uso.

Audio

Pechar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6644/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA4_FICHA-EQUIPOS-CONSELLOS_V01.mp3>

ChedaQueres que o teu grupo teña éxito?

Queres que o teu grupo teña éxito?

Queres que o teu grupo teña éxito? Fíxate nos seguintes aspectos:

  • Participación: debedes de colaborar e participar activamente todos os membros do grupo.
  • Clima de traballo: ter un bo ambiente é esencial. Sé educado/a e respectuoso/a cas demais persoas. Todos traballaredes máis cómodos e cómodas.
  • Posta en común de ideas: fai achegas que teñan valor e respecta tamén as opinións dos teus compañeiros e compañeiras. Xuntos e xuntas chegaredes a mellores propostas se  argumentades ben as vosas opinións.
  • Seguimento do voso traballo: analizade como o ides facendo e corrixide a tempo as cousas que poidades. Propoñede mellores solucións se vedes que as cousas non están saíndo como deben.
  • Autonomía: un grupo que ten éxito sabe organizarse e traballar sen apenas axuda. Se precisades axuda pedídea, non o dubidedes! Recordade que sodes nenos e nenas e aínda e estades a aprender como cooperar e con algún consello cada vez iredes sendo máis autónomos e funcionando mellor.

Se queres ver como serán as valoracións do traballo en grupo, revisa a rúbrica do punto 5.2 na seguinte ligazón: Rúbrica do traballo en equipo.

Lectura facilitada

Pechar (Lectura facilitada)

Buscades o éxito? Fixádevos no seguinte:

  • Participación: debedes colaborar e participar todos e todas.
  • Clima de traballo: sede educados/as e respectuosos/as cas demais persoas. Traballaredes máis cómodos e cómodas.
  • Posta en común de ideas: fai achegas de valor e respecta as opinións das demais persoas.
  • Seguimento do voso traballo: analizade e corrixide a tempo as cousas que poidades. Propoñede novas solucións se vedes que as cousas non saen como deben.
  • Autonomía: un grupo de éxito sabe traballar sen apenas axuda, pero se a precisades, pedídea! Aínda estades a aprender.

Se queres saber como se valorará o traballo en grupo, revisa a rúbrica do punto 5.2 na seguinte ligazón: Rúbrica do traballo en equipo.