Diario de aprendizaxe
Antes de comezar, dedica uns minutos a ler as seguintes explicacións.
Que é un diario de aprendizaxe?
Nesta fase descubriches o reto e os obxectivos que queremos acadar e agora tócache reflexionar sobre estes aspectos. Busca no teu diario de aprendizaxe a páxina que corresponde á Fase 1 e completa os apartados.
Non escribas calquera cousa só por rematar pronto, dedica uns minutos a pensar sobre o teu traballo, os coñecementos que che servirán para superar o reto e as habilidades que poñerás en práctica co mesmo. Utilizar o diario de aprendizaxe correctamente servirache para mellorar a túa forma de aprender.
Se non tes o diario podes descargar o documento dende a seguinte ligazón:
Lectura facilitada
Agora toca escribir no Diario de aprendizaxe.
Busca no teu diario a páxina da Fase 1 e completa o apartado.
Pensa antes de responder e reflexiona sobre o que aprendiches e sobre o traballo en equipo,
non teñas medo a dicir o que opinas.
Audio
<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6644/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA4_DIARIO-FASE1_V01.mp3>