Os roles no acrosport
No acrosport hai unha serie de roles diferentes que inflúen para a realización das figuras ou pirámides. Son os seguintes:
Portor/a ou base
Áxil
Axudante
Observador/a
Fotógrafo/a
Portor/a: son as persoas que serven de base para as figuras e deben ser fortes e moi estables.
Áxil: persoa que realiza movementos dinámicos e flexibles, rubindo sobre o portor ou a portora e mantendo unha posición estable.
Ademais, hai roles adicionais coma poden ser:
Axudante: moi importante en figuras ou pirámides máis complexas ou movementos que poidan ter riscos. Encárgase de axudar ao portor/a ou ao áxil se teñen problemas para manter a figura. Pode servir de apoio ou recoller ao áxil se desequilibra ou cae.
Observador/a: atende e dá consellos para aliñar e guiar aos participantes e así mellorar as figuras.
Fotógrafo/a: ás veces, tamén existe unha persoa encargada de tomar fotos ou vídeos para analizar posteriormente e mellorar o traballo realizado. Nalgunhas ocasións, este traballo tamén o fai o observador.
Lectura facilitada
No acrosport hai roles diferentes para a realización das figuras ou pirámides.
Son os seguintes:
- Portor/a: son as persoas que serven de base para as figuras e deben ser fortes e estables.
- Áxil: persoa que realiza movementos dinámicos e flexibles, rubindo sobre o portor ou a portora e mantendo unha posición estable.
Ademais, hai roles adicionais coma:
- Axudante: encárgase de axudar ao portor/a ou ao áxil se teñen problemas para manter a figura.
- Observador/a: atende e da consellos para guiar aos participantes e mellorar as figuras.
- Fotógrafo: ás veces unha persoa é a encargada de tomar fotos ou vídeos para analizar e mellorar o traballo realizado.
Audio
<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6644/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA4_332-ROLES_V01.mp3>