1.2. O reto

 

Ocultar

Glosario

Glosario

Sesión motriz

Pictograma que representa nenos e nenas xogando

Definición:

Períodos de actividade física onde se realizan xogos, deportes ou exercicios variados.

Exemplo:

Nas clases de Educación Física, facemos moitas sesións motrices para practicar deportes coma o balonmán.

Dramatización

Pictograma que representa unha obra de teatro

Definición:

Adaptar unha obra literaria, historia ou situación á forma dramática, para ser representada.

Exemplo:

Os actores e actrices dramatizaron moi ben a última viaxe do ser humano ao espazo exterior.

Post

Pictograma que representa unha entrada dun blog

Definición:

É un anglicismo que, no ámbito das redes sociais e do Internet, fai referencia a unha publicación de contido.

Exemplo:

Fai máis de dez días que non subo un novo post ao meu perfil de mascotas.

Interacción

Pictograma que representa unhas persoas falando

Definición:

Relación producida entre dous usuarios no ámbito das redes sociais.

Exemplo:

Recibo cantidade de interaccións cada día: likes, comentarios, mencións...

Influencer

Pictograma que representa unha persoa sendo fotografiada

Definición:

É un anglicismo que se usa para referirse a unha persoa con capacidade de influír sobre outras, principalmente a través das redes sociais.

Exemplo:

O meu influencer favorito é Ibai.

O noso reto

Ocultar

Xa sabes que millóns de persoas se conectan a diario ás redes sociais para estar en contacto con amizades e intercambiar información de todo tipo: fotografías, noticias, vídeos, bailes... pero aínda que esta conexión dixital co mundo pode parecer perfecta, moitas veces non nos paramos a pensar nos riscos ou problemas que poden ocasionar.

O reto desta situación de aprendizaxe será aprender un pouco máis sobre redes sociais e experimentar como é ter unha dentro da vosa aula.

Será unha rede onde teredes que compartir precisamente iso: fotografías, vídeos ou comentarios en relación ás actividades das sesións motrices que faremos relacionadas cas danzas do mundo, os bailes, as acrobacias do acrosport e as dramatizacións. O contido central da nosa rede será a Educación Física e, cada día, subiredes novos posts  ao perfil do voso grupo, e realizaredes e recibiredes interaccións cos grupos restantes.

Haberá algún ou algunha influencer entre nos? Preparádevos para crear contido, dálle un like  e... comezamos!

Lectura facilitada

Pechar (Lectura facilitada)

Millóns de persoas se conectan a diario ás redes sociais,

para estar en contacto con amizades e intercambiar información de todo tipo: fotografías, noticias, vídeos, bailes...

Aínda que esta conexión dixital co mundo pode parecer perfecta,

non nos paramos a pensar nos riscos ou problemas que poden ocasionar.

O reto desta situación de aprendizaxe será aprender un pouco máis sobre redes sociais

e experimentar como é ter unha dentro da vosa aula.

Será unha rede onde teredes que compartir: fotografías, vídeos ou comentarios,

relacionadas cas danzas do mundo, os bailes, as acrobacias do acrosport e as dramatizacións.

O contido central da nosa rede será a Educación Física.

Cada día, subiredes novos posts ao perfil do voso grupo,

e realizaredes e recibiredes interaccións cos grupos restantes.

Haberá algún ou algunha influencer entre nós?

Preparádevos para crear contido, dálle un like e... comezamos!

Audio

Pechar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6644/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA4_RETO1-2_V01.mp3>