Que entra dentro das posibilidades de un. Fácil de comprender ou executar.
Exemplo:
O parque próximo ao colexio, ofrece un espazo accesible para a actividade física ao aire libre.
Bosquexo
Definición:
Proxecto, debuxo, obra etc. que consta só dos elementos esenciais.
Exemplo:
O artista fixo un bosquexo rápido antes de comezar a súa obra mestra.
Imaxinamos en equipo!
Para comezar coa elaboración do reto, debes pensar moi ben o teu circuíto antes de levalo á práctica.
Non sabes por onde comezar? Sería importante que tiveras moi en conta as seguintes indicacións e pautas:
1. Sodes un equipo e, polo tanto, todas e todos debedes participar na súa creación.
2. Fai achegas e escoita as dos demais, todas as ideas son válidas e ben recibidas!
3. Fai memoria das sesións realizadas de corda e parkour durante a unidade: Que habilidades se che daban mellor? Cales che gustaban máis?
4. Comezar coa creación dun bosquexo é unha gran idea: apunta as posibles probas, pensa no material que vas necesitar e comenta co teu mestre ou mestra os detalles.
5. Ten en conta as túas habilidades e tamén as capacidades dos membros do teu equipo.
6. Pensa que o circuíto será realizado polo resto da clase e, quizais, tamén polo resto do colexio. O teu circuíto debe ser accesible para todo o mundo.
Lectura facilitada
Antes de comezar debes pensar moi ben o teu circuíto.
Será importante ter en conta as seguintes indicacións:
1. Sodes un equipo, todos debedes participar.
2. Aporta ideas e escoita a dos demais.
3. Recorda as sesións feitas de corda e parkour para coller ideas.
4. Crea un bosquexo coas probas e material necesario e consulta co mestre ou mestra.
5. Ten en conta as túas habilidades e as do equipo.
6. Pensa tamén no resto da clase, o circuíto debe ser accesible para todo o mundo.
Audio
Creatividade
E se probo deste outro xeito? E se, en lugar diso, probo isto outro? Ás veces, ser creativo/a lévanos a preguntarnos se as cousas non poderían ser doutra forma diferente ás que normalmente facemos.
A creatividade é a capacidade de xerar ideas, solucións ou conceptos orixinais e innovadores, a miúdo a través da imaxinación e o pensamento fóra do convencional. Parece divertido, non si?
Esta é unha habilidade moi valiosa que pode axudarche a desenvolver o teu pensamento crítico, a resolver problemas de múltiples formas e a expresarte dun xeito totalmente orixinal e único. Busca, explora, pregúntate e, sobre todo, non teñas medo a expoñer e a probar novas formas de facer as cousas.
Lectura facilitada
E se probo desta outra forma?
Ser creativo/a nos leva a preguntarnos se as cousas poden facerse doutro xeito diferente ao habitual.
A creatividade é a capacidade de crear ideas ou solucións orixinais a través da imaxinación.
É unha habilidade valiosa que axuda a desenvolver o pensamento crítico, resolver problemas e a expresarse de forma única.
Busca, explora, pregúntate e non teñas medo a probar novas formas de facer as cousas.