Saltar navegación

1.4. O noso plan de acción

Como o faremos?

Imaxe representativa dun traxectoPasos que faremos durante as fases e as sesións para chegar a acadar o noso reto:

  1. Organizarémonos en grupos equilibrados.
  2. Aprenderemos sobre corda e parkour e sobre as barreiras da nosa contorna.
  3. Practicaremos nas sesións de Educación Física as nosas habilidades motrices.
  4. Melloraremos as nosas capacidades físicas facendo deporte.
  5. Crearemos un circuíto motriz en grupo.
  6. Entre todos e todas, probaremos e analizaremos todos os circuítos.
  7. Avaliarémonos a nós mesmos, e tamén ao resto da clase.

Lectura facilitada

Pasos que faremos durante a situación de aprendizaxe:

  • Organizarémonos en grupos.
  • Aprenderemos sobre corda e parkour e sobre as barreiras da nosa contorna.
  • Practicaremos nas sesións as nosas habilidades motrices.
  • Melloraremos as nosas capacidades físicas.
  • Crearemos un circuíto motriz en grupo.
  • Probaremos e analizaremos todos os circuítos.
  • Avaliarémonos a nós mesmos, e tamén ao resto da clase.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)